Lugo Cultural, tres décadas de historia
A vicerreitora de Estudantes e Cultura da USC, Pilar Murias, puxo en valor este martes a fonda pegada deixada nestes anos polo Lugo Cultural, no marco da presentación das actividades programadas para o presente exercicio, unha sesión celebrada no Pazo de Montenegro e na que tamén participaron a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Tareixa Ferreiro, e a deputada provincial delegada da área de Cultura, Iria Castro.
O abano de actividades programadas en 2024 ao abeiro do convenio Lugo Cultural permite dar continuidade a ciclos e certames artísticos xa consolidados na capital luguesa, sinalou Pilar Murias, que tamén se referiu a este escaparate cultural como unha singular xanela de oportunidades para gozar das creacións de artistas agromadas en Galicia, incluso daqueles que se están a formar fóra, ademais e para descubrir e coñecer o talento artístico da mocidade luguesa e galega, a través das súas creacións e tamén das súas propostas innovadoras en diversas disciplinas artísticas.
A formación constitúe outro dos piares sobre os que se asenta o éxito do Lugo Cultural, salientou a vicerreitora de Estudantes e Cultura da USC, para, de seguido, facer fincapé na importancia da organización de cursos e obradoiros de fotografía, teatro, videocreación..., que “son o alicerce axeitado para cimentar novas canteiras de artistas”, dixo Pilar Murias.
A calendarización da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural coincide en gran medida coa do curso académico, a fin de acadar así un dos obxectivos desta iniciativa, como é o achegamento e a participación da mocidade universitaria na vida cultural, explicou a vicerreitora Pilar Murias.
Fotografía
A fotografía é a disciplina artística protagonista do Lugo Cultural no mes de febreiro, período no que aínda se mantén aberta ao público a mostra do Maratón Fotográfico do Campus na Biblioteca Provincial. Asemade, a oficina de Cultura da USC en Lugo tamén mantén aberta a inscrición para o encontro con José Manuel Navia que se desenvolverá o 17 de febreiro na Casa do Saber baixo o título ‘Fotografías: fragmentos, documentos e ficcións. Unha semana máis tarde, o 23 de febreiro comezará no mesmo escenario o taller do grupo fotográfico do Campus de Lugo, que está estruturado en varias sesións formativas impartidas por Adra Pallón que se celebrarán os días 23 de febreiro, 8 e 15 de marzo, 5 e 19 de abril e 10 de maio.
Música galega
O ciclo Lubicán, que pon en valor a música galega e en galego botará a andar o 28 de febreiro, ás 20.15 horas, no auditorio de Veterinaria, coa actuación de XMASEDA65, como 'teloneiros' de KYR4. Este programa terá continuidade os días 3 e 24 de abril con cadanseu concerto de ‘Bala’ e ‘Caamaño&Ameixeiras’ na Praza de Santa María. Unha sesión máis íntima terá lugar o 15 de marzo na Casa do Saber, que acollerá un solo de piano, a cargo de Abraham Boba, vocalista de León Benavente.
Os Encontros de Lúa Chea, unha proposta orientada ao debate sobre temas actuais de interese mantén en 2024 dúas convocatorias na cafetería da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría a finais o 29 de febreiro e o 4 de abril. A actividade cultural do Campus de Lugo será especialmente activa ao longo deste mes, dado que está prevista a celebración do certame FindeCurta, así como de novas edicións de dous eventos xa clásicos na capital luguesa como son o Festival de Teatro Universitario, que se celebrará do 15 ao 21, e do Encontro de Danza Universitaria, que presentará ao público lugués novas creacións os días 25 e 26 de abril no MIHL.
O Curso de Primavera da USC, un fito que se celebrará na Casa do Saber o 8 de abril, poñerá o foro na arte urbana cunha proposta que leva por título ‘Pegadas no muro. Relatos e proxectos de arte urbana’. As intervencións programadas ao abeiro dos ciclos ‘Microaberto’, ideado para alimentar a creatividade do estudantado universitario e que nesta edición contará como convidado co polifacético Pablo Méndez o 11 de marzo en ADE, e ‘Na Calzada’, unha proposta concibida como pasarela para presentar en Lugo a artistas locais que están a formarse fóra, completan a atractiva grella programada en Lugo desde a USC con cargo ao financiamento do convenio Lugo Cultural, unha oferta variada e integradora na que tampouco faltan os Sons Creativos ni o ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’, que deparará ata tres concertos.

Universidade de Santiago de Compostela (USC)