Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O festival Go!Go!Zo! pechará a súa terceira edición reunindo preto de 500 amantes da música no Monte do Gozo

A presentación de ambas actividades tivo lugar hoxe no Pazo de San Roque e contou coa presenza do director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; do presidente do Banco de Alimentos de Santiago, José Pita; dun dos organizadores de Go!Go!Zo!, Julio Asorey, e dun dos fundadores da Escola A Casa do Rock de Santiago, Adrián Hernández.

O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades salientou “a importancia deste tipo de propostas, incluída dentro do ciclo Novas Músicas en Galego, coas que desde a Xunta procuramos poñer en valor o talento de Galicia e fomentar a creatividade na nosa lingua por parte, especialmente, da mocidade”.

Doutra banda, Xosé Merelles gabou o labor de dinamización cultural e turística do Festival Go!Go!Zo! que se desenvolve nun espazo chave para miles de peregrinos dos cinco continentes, o Monte do Gozo. Un espazo que se está a dinamizar fortemente con actividades durante todo o ano coas que se está a achegar este espazo á veciñanza de Santiago de Compostela.

Programación para o 23 e 24 de setembro

A última fin de semana do Go!Go!Zo! comezará o sábado 23 de setembro de 17,30 a 20,30 horas coa primeira sesión de Combos Musicais, que seguirán o domingo 24 nese mesmo horario. Nestes participarán varias bandas que se forman nas escolas A Casa do Rock, en Santiago de Compostela; Rock School Escola, na Coruña, e Dzetta Music Center, en Vigo.


A actividade máis destacada será a tradicional Macroactuación organizada por A Casa do Rock, que terá lugar o día 24 ás 16,00 horas e que, nesta terceira edición, renderalle homenaxe ao 30 aniversario do Xacobeo 93 e á apertura do complexo do Monte do Gozo. Farao a través da interpretación en galego do tema Born in te USA, de Bruce Springsteen, que actuou ese mesmo ano en Compostela, e da versión de Chuck Berry da canción Jonhny B Goode, que tamén visitou Santiago en 1993.

Todas as persoas interesadas en participar deberán levar os seus propios instrumentos e poderán inscribirse en www.acasadorock.com, onde tamén atoparán dispoñibles as partituras.

Xornada solidaria a favor do Banco de Alimentos

A rolda de prensa foi tamén escenario para lembrar que outro dos obxectivos principais do festival é “achegar o noso gran de area a algunha causa e, nesta edición, realizaremos este domingo 17 unha xornada solidaria con actividades para toda a familia a favor do Banco de Alimentos de Santiago”, indicou Julio Asorey.

O programa estenderase de 11,30 a 20,30 horas e haberá propostas para a cativada, como as actuacións de Peter Punk e Pakolas, e para os adultos, como os concertos de Nékrora, Onda Dagda e Shower Hell, que se sumarán á sesión do picadiscos Javissolla.

Todas as propostas serán de balde a excepción do xantar solidario, que terá un custo de 20€, dos cales unha parte irá destinada ao dito Banco de Alimentos.

Toda a información sobre o festival Go!Go!Zo! Pode consultarse no web www.gogozo.gal e nos seus perfís de redes sociais.
Festival Go!Go!Zo!

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información