Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A USC programa 50 xornadas de actividades culturais en Lugo

A USC programa 50 xornadas de actividades culturais na cidade de Lugo ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que conta con financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, tal e como adiantou este martes a vicerreitora de Estudantes e Cultura da USC, Pilar Murias, no acto de presentación das actividades organizadas para 2023, unha sesión na que tamén participou a vicepresidenta da Deputación Provincial de Lugo e concelleira delegada da área de Cultura do Concello de Lugo, Tareixa Antía Ferreiro, e o adxunto para Organización Académica e Cultura no Campus de Lugo, Antonio Álvarez.

Vinte e nove anos despois do nacemento do Lugo Cultural, unha iniciativa que dá conta da colaboración e coordinación institucional a prol da promoción de actividades artísticas na capital luguesa e da posta en valor dos espazos universitarios como escenarios culturais, o abano de actividades incluídas na programación de 2023 busca incentivar unha maior implicación da comunidade universitaria na cohesión social. A aposta pola sustentabilidade ambiental, a loita contra a exclusión social e o impulso da vida universitaria como xerme de iniciativas innovadoras a través da ciencia e da razón, son outros dos cometidos que persegue a USC a través dunha programación cultural ampla e heteroxénea

Fiel aos seus comezos, o convenio Lugo Cultural 2023 mantén programas xa consolidados na súa programación, tal e como son o ciclo de cámara ‘Músicas a carón da Mosqueira’ ou o ‘Lubicán’, que dá cabida a novos valores e intérpretes galegos. Teatro, cine, fotografía, danza, visitas guiadas á Domus do Mitreo e foros de debate científico e humanístico, son outras das disciplinas que conservan protagonismo de seu na programación cultural para este ano, unha oferta que tamén renova a súa aposta pola videocreación, o debate ou as intervencións sociais tanto en espazos universitarios como noutras localizacións da capital luguesa.

A vicerreitora de Estudantes e Cultura da USC, Pilar Murias, fixo fincapé na súa intervención na colaboración institucional que fai posible renovar ano a ano o convenio Lugo Cultural, razón pola que fixo público o seu agradecemento ao manifesto apoio da Deputación e do Concello de Lugo, administracións que continuarán a participar no desenvolvemento dun programa que complementa a oferta cultural de Lugo, segundo dixo Tareixa Ferreiro.

Alén de salientar o entendemento entre as distintas administracións, Murias tamén se referiu á cultura como “a mellor canle de proxección social da USC e dos valores asociados ao debate académico e científico”, ademais de contribuír ao desenvolvemento da poboación moza, e a mellorar a calidade de vida e o grao de benestar de toda a cidadanía. Todos estes argumentos xustifican a forte aposta pola cultura que se fai desde a USC, dixo.

A técnica de Cultura da USC no Campus de Lugo e responsable dest programación do Lugo Cultural, Paloma Lugilde, apuntou como novidades de 2023 a iniciativa ‘Ao pé do carballo’, que contempla unha intervención artística na carballeira de As Pedreiras, a recuperación do ciclo ‘Na Calzada’, que ofrece a artistas locais que se atopan fóra un espazo na súa cidade para expoñer as súas creacións, a incorporación do ciclo de faladoiros ‘Debates de Lúa’ ao programa do Lugo Cultural, a fin de extendelo desde a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría a outros centros das sede universitaria, ou a sesión ‘Micro aberto’, tal e como se denomina unha actividade programada na Facultade de Administración y Dirección de Empresas, onde a comunidade universitaria interesada poderá presentar as súas respectivas creacións artísticas.
Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información