Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Unha iniciativa da Cátedra de Idadismo da UVigo permite incorporar este termo ao dicionario da RAE

No seu propósito de facer visible esta problemática, desde a cátedra impulsaron unha serie de xestións dirixidas a que o termo edadismo fose incluído no dicionario da Real Academia Española (RAE), algo que acontecerá neste mes de decembro, segundo confirmou aos seus responsables o académico Darío Villanueva. 

“Para poder loitar contra este ismo, primeiro temos que poñerlle nome”, salienta a directora da cátedra, a profesora da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Ana Belén Fernández Souto, que explica que para o impulso desta iniciativa contactaron co galego Darío Villanueva, que ocupa a letra D como académico de número da RAE e quen “amosou o seu interese porque o termo” pasase a formar parte do dicionario. Recentemente, Villanueva confirmou aos e ás responsables da cátedra que edadismo incorporarase ao Diccionario de la lengua española ao longo deste mes de decembro, “o que supón un grande éxito e un importante logro alcanzado da man de todos os hispanofalantes e as 24 academias” que integran a Asale, a Asociación de Academias da Lingua Española, salientan desde a cátedra.

A voz edadismo fora xa aprobada na Comisión de Ciencias Humanas da RAE en 2019 e “tras a xestión de pospleno e a conformidade das academias americanas”, acordouse a súa incorporación ao dicionario da lingua española, explican desde a cátedra. Isto levará a que o termo pase a forma parte da versión gratuíta deste dicionario, que pode consultarse na web da RAE e que se actualiza cada ano. 

Así mesmo, desde a Cátedra de Idadismo lembran que desde o departamento da academia Español al día, que ten como principal cometido resolver dúbidas de carácter lingüístico, xa tiñan respondido a través das redes sociais diferentes consultas sobre este termo. Nelas sinalaban que edadismo, como equivalencia da verba inglesa ageism, pode empregarse en castelán como un termo “que fai referencia á discriminación das persoas baseada na idade”. 

Idadismo tamén formará parte do dicionario da RAG

Nese obxectivo da cátedra de facer visible o problema do idadismo, a Cátedra Afaga-Atendo impulsou tamén a inclusión deste termo no Dicionario da Real Academia Galega, o que levou a que o Seminario de Lexicografía da RAG acordase a finais de outubro a incorporación tanto do termo idadismo, definido como a “discriminación contra persoas ou colectivos por razón de idade, especialmente cando esta se produce contra as persoas maiores”, como da voz idadista.

Presentada publicamente o pasado mes de setembro, a primeira cátedra sobre o idadismo de España naceu co obxectivo de “consolidar a loita” contra esta forma de discriminación “desde o ámbito da comunicación, a través da realización de cursos, seminarios e conferencias; organización de actividades académicas; intervencións educativas a todos os niveis; promoción da investigación; xeración de contornas amigables e fomento da relación interxeracional”, como explicou Fernández Souto. O impulso desta iniciativa foi recoñecido o pasado mes de outubro nos Premios RIES, que promove o Clúster Saúde de Galicia, e que outorgou a esta cátedra o Premio Comunidade CSG. 
Universidade de Vigo

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información