Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A canción galega Ai-Lalelo, subcampioa da Eurovisión da Intelixencia Artificial co apoio total do televoto

A canción galega competiu contra outros 14 temas finalistas de distintos países. O tema Demons & Gods, do equipo Yaboi Hanoi (Tailandia) resultou a gañadora desta edición do certame na suma dos votos do xurado e do televoto.

O equipo tailandés foi primeiro no voto de xurado, pero sexto no televoto. Pola súa banda, o equipo de AI-LALELO logrou a primeira praza no televoto e foi a terceira mellor segundo o xurado.

Tanto a canción gañadora como a galega comparten a reivindicación das culturas minorizadas, co obxectivo de poñer a intelixencia artificial ao servizo da lingua, da cultura e da identidade propias.

“Para nós, o principal éxito foi crear unha canción en galego a través da intelixencia artificial. Chegar á final desta Eurovisión permitiunos amosar ao mundo o talento tecnolóxico e cultural galego”, explica Joel Cava, líder da iniciativa e responsable creativo da axencia compostelá CECUBO Group.

A gala enmarcouse no Día da Intelixencia Artificial e a Creación do cume tecnolóxico Wallifornia Music & Innovation. O acto celebrouse no espazo tecnolóxico e de emprendemento Le Grand Post de Liège, pero tamén se retransmitiu internacionalmente pola canle oficial do festival.

O televoto e o xurado profesional conformaron nun 50% cada un o veredicto final do certame. Concretamente, o panel de expertos formárono 30 especialistas en intelixencia artificial aplicada á música das principais universidades e centros de investigación tecnolóxica neste eido, empresas coma Google, Microsoft, Sony Music e Warner Music e anteriores participantes do festival.

Grande experiencia na final

Joel Cava, do equipo PAMP! e responsable creativo de CECUBO Group, defendeu o proxecto acompañado de Roi Pérez Vila, director de análise e intelixencia da citada axencia compostelá.

Durante a gala final, os 15 finalistas compartiron a súa experiencia e proceso creativo con entrevistas. A organización do certame amosou novas ferramentas de intelixencia artificial en composición musical. Ademais, a artista dixital alemá Portrait XO amenizou o espectáculo cunha actuación musical en directo xerada con intelixencia artificial.

“Agradecemos o grande esforzo do equipo que impulsou este proxecto tecnolóxico, así como ás persoas que nos votaron, ás que difundiron a nosa candidatura e por suposto á organización do festival”, engade Cava.

O grupo de traballo PAMP!, en homenaxe á primeira programadora informática galega, Ana María Prieto, está formado polos profesionais Juan Alonso, Sofía Oriana, Xandre Outeiro, David Santos, Marta Verde e Joel Cava, responsable creativo de CECUBO Group, coas voces de Camille Hédouin (Mounqup), Mónica de Nut e Eva Outeiro.

Nun proceso creativo de catro meses, o equipo galego compuxo AI-LALELO a partir da intelixencia artificial aplicada á composición da letra, harmonías, instrumentos e videoclip da canción. O tema pretende ser unha homenaxe ás mulleres que impulsaron Galicia e a súa tradición, lingua e cultura.
Cecubo Group

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información