Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Os poemas de Francisco de Fientosa nos cinco idiomas ibéricos, aos 110 anos do seu nacemento

Cun limiar do profesor e escritor Ricardo Polín, máximo coñecedor de Fientosa e a súa obra, o libro comprende un exhaustivo estudo lingüístico e literario do profesor e poeta Xosé Otero Canto (nado tamén no concello de Castro de Rei, na Ponte Outeiro) dos poemas do autor que foi chamado o "Lorca galego", e que tivo tamén tráxico final no convulso Madrid de 1936, aos 24 anos de idade.

A versión ao castelán foi do propio Otero Canto; ao catalán e portugués estivo a cargo de Anamar Rábade, escritora, investigadora da Cultura Celta e historiadora; e ao éuscaro verqueunos o profesor e tradutor Aitor Fernández de Martikiorena Rodríguez. E cada poema leva como complemento ou contrapunto un minimalista e fermosísimo debuxo da profesora e artista vilalbesa María Guerrero. Todas estas aportación conforman un libro fondo e fermoso que se titula IMOS COLLER NIÑOS NOVOS…, que é o primeiro verso do primeiro poema en galego de Francisco de Fientosa.

O libro ven de presentarse na Biblioteca pública de Castro de Rei, berce do escritor homenaxeado (acto ao que corresponde a primeira foto), no que interviñeron o Alcalde de Castro de Rei, Francisco Javier Balado; Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; Xosé Otero Canto, Anamar Rábade, Ricardo Polín e Xulio Xiz, polo Colectivo Egeria. Na presentación en Lugo (segunda foto), na Biblioteca Pública provincial, interviñeron María José Gómez Rodríguez, Xefa provincial de Cultura; Alcalde de Castro de Rei, Xosé Otero Canto, Anamar Rábade, Ricardo Polín e Xulio Xiz.
Colectivo Egeria

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información