Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Xullo Pop volve á Coruña cun cartel formado por Anxo Araújo, Garza e Grampoder

Abrirá o ciclo Anxo Araújo coa presentación de “Plan de urbanismo para un novo couto mixto,”, o seu primeiro traballo de estudio en solitario. “O disco”, segundo o autor, “é parte dunha necesidade persoal convertida en desafío”; o resultado, dez fermosas cancións “que nos inspiran momentos de cambio, de auto afirmación e de reflexión sobre a relativa importancia das cousas”: música feliz para tempos de crise, o da pandemia. Explícao mellor Araújo: “Un saír dos buratos máis profundos con confianza e ilusión. Un reforzo da auto estima. Un aprender a bailar deixando marchar a carraxe acumulada. Un mirar cara a cara ao mundo. Unha absoluta liberación”.

“Interferencias” chámase a proposta que Garza levará ao Colón o día 2. Garza é o proxecto de música electrónica de Adrián Charlín, moitos anos batería de varias bandas do panorama alternativo galego. Garza combina diferentes estilos, desde o experimental e escuro ata a música de clube máis accesible, sen abandonar nunca o apoio do o ambient, deep, trip-hop, Idm, etc. Garza trata de crear unha música de atmosferas que xogan constantemente coas intensidades. No concerto utilizará baterías, teclados e sintetizadores para compoñer un espectáculo moi atractivo a nivel sonoro e visual, con proxeccións de Xoan Tourís e do propio Garza, todo para que o público se mergulle nunha intensa viaxe de emocións, na que Charlín estará acompañado, ademais de por Tourís, por Matías Unruh, Marta de Soto, Cecilia Burillo e Rosalía Fernández Rial.

O domingo 3 o dúo compostelán Grampoder volverá aos escenarios co concerto “PM”, nunha versión máis enérxica, máis eléctrica e máis escura do seu rock portátil. A banda regresa para presentar novas cancións nas que exploran as texturas do pop psicodélico, a rabia do hardcore e a densidade do post-punk.
Deputación da Coruña

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información