Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A mostra 'Percorrer o tempo' leva a Ourense a mirada de destacados artistas visuais e audiovisuais sobre o camiño



O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe en Ourense na inauguración da exposición itinerante Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño, na tamén interviñeron a comisaria do Xacobeo, Cecilia Pereira, o vicepresidente da Deputación de Ourense, César Fernández, e a responsable territorial da Fundación “la Caixa”, Susan Santos. A través de contedores de barco convertidos en salas de exhibición, a mostra achega diversas perspectivas das rutas xacobeas a través da ollada de dez artistas de primeiro nivel do eido visual e audiovisual, tanto emerxentes como consolidados. Así, figuran profesionais como a presidenta da Axencia Magnum, Olivia Arthur, a Premio Nacional de Fotografía Cristina de Middel ou o ourensán Iván Nespereira.

No acto de apertura, que contou coa presenza do presidente do Parlamento, Miguel Santalices, Anxo M. Lorenzo convidou a cidadanía a achegarse a esta exposición, que ofrece un “enfoque poliédrico e contemporáneo do Camiño” ademais dunha “concepción ampla do propio feito de camiñar, desde o percorrido do territorio ata a peregrinación”. Referiuse tamén ao grupo “diverso e paritario que conforman os artistas, dunha xeración nova pero con longa traxectoria, que dá como resultado unha nova ollada audaz e orixinal, con achegas moi diversas”. A iniciativa, que permanecerá na Praza Bispo Cesáreo ata o 14 de marzo, conta co apoio da Fundación “la Caixa” no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22.

'Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño' exhíbese en seis grandes contedores de barco, dos que un serve como punto de información e os cinco restantes como salas de exhibición. Neles pode contemplarse o traballo fotográfico e audiovisual como secuencias de imaxes, curtametraxes ou formatos híbridos de fotografía e vídeo. Segundo indicou o secretario xeral de Cultura, “o percorrido entre contedores e contidos quere reflectir a propia viaxe dos artistas para a realización dos proxectos, así como o transitar do Camiño”.

Participan artistas de Galicia, como Carla Andrade, Luis Díaz Díaz, Iván Nespereira, Bandia Ribeira e Lúa Ribeira, xunto a profesionais de fóra que representan os diferentes Camiños e enlaces con outras rutas históricas. Así, figuran a inglesa Olivia Arthur, presidenta da Axencia Magnum; o portugués André Cepeda, o francés Michel Le Belhomme, a alacantina Cristina de Middel, que foi Premio Nacional de Fotografía, e o xienense Miguel Ángel Tornero. O docente e artista visual Nicolás Combarro é o comisario da mostra.
Actividades con Iván Nespereira e Luis Díaz Díaz7


No marco da apertura da mostra, o Arquivo Histórico Provincial acollerá dúas actividades complementarias. Trátase dun obradoiro impartido por Iván Nespereira e Luis Díaz Díaz esta tarde e mañá pola mañá, para o que xa están cubertas as prazas, e dunha conferencia aberta ao público hoxe ás 20,00 horas, na que ambos artistas presentarán os seus traballos.

Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño arrincou na Coruña o pasado setembro e estivo en Lugo ata esta mesma semana. Tras o seu paso por Ourense, continuará o seu percorrido por Vigo e Santiago, onde rematará en xullo deste ano.
Percorrer o tempo

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información