Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Rosario Álvarez subliña o 'poder da educación e do coñecemento' ao recoller o premio Otero Pedrayo

Este galardón instaurado en 1977, ten por obxecto perpetuar e honrar a memoria de Otero Pedrayo, recoñecer o labor de contribución eminente á cultura e promover os valores propios de Galicia e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanía e institucións. Álvarez recibiu o premio xunto á pintora Menchu Lamas nun acto que se desenvolveu este sábado no Pazo Provincial de Pontevedra, presidido pola presidenta Carmela Silva e ao que asistiu o reitor Antonio López.

A lingüista Rosario Álvarez dedicou a súa intervención ao propio 'Don Ramón, polo que sentía fascinación', á docencia, á súa nai e á cidade de Pontevedra. A premiada recordou 'aquel 30 de xaneiro do 73 cando con 21 anos asistiu, 'sentada no chan', á conferencia en Fonseca de Otero Pedrayo 'e fíxome oteriana ante a súa oratoria, a súa sintaxe, o seu don da palabra'. Álvarez, que definiu como unha honra recibir este premio xunto a Lamas, 'levamos vidas paralelas, tanto que nunca nos tocamos', fixo todo un canto á docencia.

A premiada lembrou a súa nai, 'unha verdadeira mestra, a quen debo a miña curiosidade cultural', e a todas e todos, mestras e mestres 'porque sempre aprendín das e dos mellores'. Tamén á cidade de Pontevedra 'porque as miñas raíces e a súa pegada deixaron en min todo o que fixen ata o día de hoxe'. Álvarez rematou cunha loa ao patrimonio lingüístico 'como creación colectiva de homes e mulleres. Concibo a cultura en 360 graos e Galicia é o meu universo'.

Traxectoria

Rosario Álvarez foi directora do Instituto da Lingua Galega da USC (2005-2013), entidade á que pertence desde 1974; é especialista en gramática e variación da lingua galega; e preside na actualidade o Consello da Cultura Galega (CCG).

Nada en Pontevedra o 12 de xullo de 1952, Rosario Álvarez foi tamén vicerreitora de Profesorado da USC (1990-1994) e directora do Departamento de Filoloxía Galega (1995-1999). As súas liñas de investigación seguen tres eixos: o estudo da gramática descritiva da lingua galega, cunha perspectiva sincrónica mais con atención á historia da lingua galega e á gramática contrastiva portugués-galego; o cambio lingüístico, tanto no galego actual coma no antigo e medio; e a edición e estudo de textos do galego medio e do galego da etapa previa ao Rexurdimento.

É membro do equipo do Atlas Lingüístico Galego (ALGa), coautora de dúas gramáticas do galego, e investigadora principal do equipo redactor da gramática da Real Academia Galega. É directora do Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués, no que colaboran equipos de Galicia, Portugal e Brasil, e codirectora do proxecto ‘Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna’; no CCG é, ademais, responsable do proxecto ‘Gallaeciae Monumenta Historica’. Directora da revista Estudos de Lingüística Galega, a profesora Álvarez é membro da Real Academia Galega dende o ano 2003, con funcións de coordinadora do Seminario de Gramática (dende 2003), Tesoureira (2013-2017) e directora da Sección de Lingua (dende 2013).
Universidade de Santiago de Compostela

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información