Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Pacio Lindín, o profesor que liderou o cambio no Seminario de Mondoñedo

Editada coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, conta cunha portada e ilustracións do debuxante e ensaísta Siro López e cunha contraportada do pintor A. Rivas Pol. A impresión correu a cargo de Gráficas Lar (Viveiro).

Nos relatos reflíctese o momento de cambio que se produciu no internado do Seminario de Mondoñedo entre os anos 60-66 do século pasado. Neles queda constancia dese lustro innovador no que se vai a pasar dunha mentalidade tridentina a unha apertura aos novos aires que veñen de Centroeuropa. Esa transformación foi posible porque nese momento e nese lugar estaba alí unha persoa excepcional con suficiente coraxe e intelixencia para levalo adiante: o profesor Dino Pacio.

Formado en Comillas e en varias universidades europeas, con estadías estivais en París, Alemaña e Inglaterra, estaba ao tanto dos cambios que naquel momento se estaban xestando en Europa e coñecía ben as novas ideas que agromaban no campo da literatura e filosofía, principalmente en Francia. Esas ideas chocaban cunha mentalidade que seguía sesteando tranquila no colo da neoescolástica e allea ao que acontecía alén do Padornelo.

Nos artigos aparecen esas dúas mentalidades: a máis conservadora e remisa a calquera cambio que supuxera mingua dos seus privilexios; e outra innovadora, representada por Dino Pacio e un nutrido grupo de profesores que vían con bos ollos as súas propostas de mellora do sistema formativo. El era un home adiantado ao seu tempo, un visionario que atinou a enxergar o que ía pasar na seguinte década.

Dino Pacio foi, sen lugar a dúbidas, un xigante nun país de ananos que miraban a ras de chan e non foron capaces de erguer a cabeza e apreciar a talla excepcional dunha personalidade xenial, capaz de transformar e mellorar a sociedade alí onde queira que se atopase.

Unha vez máis repítese tamén aquí a secular maldición sobre a nosa terra: que algúns dos fillos máis valiosos e ilustres vense forzados a abandonala para poder brillar en terra allea. Dino Pacio marchou aos EE.UU. e sobresaíu como profesor universitario en Nova York pero, lonxe de acomodarse na súa cátedra, loitou e logrou mellorar as condicións de vida dos emigrantes hispanos de Manhattan a través da fundación de “Solidaridad Humana” que lles posibilitou integrarse de pleno na sociedade americana a través do coñecemento do idioma e a posterior formación que os prepararía para un digno posto de traballo

. A súa escrita non é prolífica, pero é dunha orixinalidade e densidade excepcionais. Nela latexa con forza a paixón polo saber que, como gran comunicador, sabía contaxiar a todos aqueles que tiveron o privilexio de escoitalo.

Dino Pacio

Dino Pacio Lindín ingresou en 1947 el Seminario de Mondoñedo, onde cursou Latín e Filosofía. Licenciouse logo na Universidade Pontificia de Comillas, proseguiu estudios na Gregoriana de Roma, e nas Universidades de Friburgo (Linguas Modernas) e Harvard (Socioloxía). Tras a súa etapa en Mondoñedo, en 1966 trasladouse a Estados Unidos, onde exerceu como profesor nas universidades de Rochester, Forham , Cuny (Universidade da cidade de Nova York) e Suny (Universidade do Estado de Nova York) antes de fundar o seu propio proxecto docente, Solidaridad Humana, por cuxas aulas pasaban cada año más de dos mil mozos hispanos sen recursos.

O seu pensamento está contido nas súas dúas únicas obras: Juventud Radical 1956, que sufriu a censura no seu día, o que motivou a súa saída de España, e un libro entrañable para el, Terra Húmeda, dedicado a Galicia. Completan a súa obra algúns artigos espallados en varias revistas e xornais.

Actualmente vive en Nova York ca su esposa e as súas fillas.
Manuel Rivas G.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información