Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A obra de Giambatista Piranesi tingue de luz e sombra o Colexio de Fonseca para 'restaurar a grandeza' de Roma

A exposición está integrada por un total de 44 obras, alén de diferentes libros expostos en cinco vitrinas.

“Os seus gravados amosaron realidades inimaxinables e sen precedentes, sempre revelaban algo novidoso, pero conseguiu unha asombrosa variedade, unha gran precisión no debuxo e a vontade de ensinar aspectos descoñecidos ata ese momento”, engaden dende o comisariado da mostra. A obra de Piranesi caracterízase por unha técnica baseada “nunhas agudas capacidades de observación, con ousados contrastes de luz e escuridade, asombrosos ceos que dotaban os gravados de forte poder evocador e de fantasía poética que estimula a imaxinación dos espectadores”, matizan.

No acto inaugural que se celebra este martes 13, a partir das 20.00 horas, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, toman parte o reitor Antonio López; Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Universidade; Manuel Ruíz Rivas, alcalde de Ribeira e presidente da FMAG; e Javier Expósito Paradela, vicepresidente da FMAG.

Nova mirada sobre Roma

Piranesi cambiou, para toda Europa, o xeito de percibir o mundo antigo e dotouno de carga emocional, condicionando, ata a actualidade, a forma de mirar a Roma antiga. Tiña, ademais, unha formación como arquitecto que dotaba de monumentalidade as vistas, ao que sumaba o coñecemento das referencias históricas. Gran parte da sensibilidade e da forma de concibir o pasado romano procede, no espectador moderno, da sensibilidade das Vedute do autor veneciano, “pola súa especial combinación de espazo, contrastes de luz e fraxilidade atmosférica”, apuntan dende a FMAG. “Logra unha síntese entre a exactitude e a orixinalidade visionaria que dota de vida a Antigüidade”, engaden.

Os seus Grotteschi son un exemplo de desenvolvemento creativo audaz, sen limitar o carácter ornamental das imaxes. Os Carceri, ademais, eríxense no paradigma da especulación arredor do máis recóndito da consciencia, pero sen esquecer a capacidade de variación creativa e monumental sobre os moitos tipos de escenografía académica. A serie destes Carceri componse dunha portada e quince pranchas, gravados en cobre no seu segundo estado, datado, aproximadamente, en 1761, e reproducidos en fotogravado en papel de fío da casa Guarro para a edición limitada de 75 exemplares realizada no ano 1993 por Edicións Delstre’s.

Esta exposición poderá visitarse do 14 de xullo ao 28 de agosto, en horario de luns a sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.
Universidade de Santiago de Compostela

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información