Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Autores noveis comparten na residencia literaria do Gaiás dúbidas creativas con Sara Mesa e Berta Dávila

Dirixida polo escritor Javier Peña, nesta primeira edición da Residencia Literaria das REGA están a participar Arancha Rodríguez Fernández, Cynthia Menéndez, Estela Gómez Gómez, Francisco Javier Fernández Davila, Jesús Castro Yáñez, María Alicia Fernández Rodríguez, María Gil Martínez, María López Quiroga, Santiago Araújo Fernández e Sara Vázquez Fariña. En total, 10 autores e autoras galegos emerxentes que foron seleccionados entre preto dun cento de candidaturas presentadas.

Esta edición 2021 abriuse a persoas nadas ou residentes en Galicia que nesta estadía das REGA están a desenvolver ou mellorar un proxecto inédito de narrativa, tanto novela de ficción como de non ficción (autoficción) ou coleccións de relatos, e que poden estar xa completados e aínda non publicados ou que se atopan en proceso de desenvolvemento.

Deste xeito, o que se procura nestas dúas semanas de convivencia é que resolvan dúbidas e desacougos e tamén intercambien pareceres ao redor da literatura e non só nos encontros no complexo da Cidade da Cultura, senón tamén en xornadas máis distendidas, pero vencelladas coa literatura, como a visita a Casa Museo de Rosalía de Castro, onte martes, ou a Fundación Camilo José Cela, o vindeiro 12 de xullo.

Figuras do panorama literario

A Residencia Literaria Cidade da Cultura conta coa participación de dúas destacadas autoras do panorama literario recente, tanto en Galicia como en España. Por unha banda, o vindeiro 14 de xullo estará con estes autores e autoras emerxentes a escritora Sara Mesa, considerada unha das máis importantes da súa xeración. A súa última novela Un amor (Anagrama, 2020) foi recoñecida como a mellor do 2020 por diferentes medios. Antes, chegaran xa as novelas Cara de pan (Anagrama, 2018); Cicatriz (Anagrama, 2015) –que se colocou tamén entre as mellores novelas do ano e lle valeu o Premio El Ojo Crítico de Narrativa–; Cuatro por cuatro (Anagrama, 2012), coa que foi finalista do Premio Herralde de Novela; ou Un incendio invisible (editada no 2011 pola Fundación José Manuel Lara e reeditada en 2017 por Anagrama).

No que respecta á literatura galega actual, cóntase mañá xoves coa participación nesta residencia dunha das súas voces imprescindibles, Berta Dávila, quen ten conquistado público e crítica coas súas novelas. Carrusel (Galaxia, 2019; Barrett, 2021) recibiu os premios Manuel García Barros de novela e o premio da Crítica española en lingua galega; Illa Decepción (Galaxia, 2020) valeulle o Premio de Narrativa Breve Repsol; mentres que O derradeiro libro de Emma Olsen (Galaxia 2013), que conta cunha adaptación en banda deseñada, acadou o premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción e o premio Narrativa Breve Repsol.

Esta estadía literaria das REGA está dirixida por Javier Peña, escritor, xornalista e profesor de escritura creativa, que se deu a coñecer coa súa novela de debut, Infelices (Blackie Books, 2019), que foi elixida entre as mellores novelas do ano por xornalistas e críticos de medios de comunicación. Creador e coordinador das dúas edicións do Obradoiro de Novela Cidade da Cultura, que se celebraron en 2019 e 2020, tamén deseñou o Taller de Novela Casa Blackie, que imparte en liña e celebra na actualidade a súa quinta edición.

Programa REGA

A Residencia Literaria enmárcase no programa REGA (Residencias artísticas do Gaiás), lanzado este 2021 e co que a Cidade da Cultura pon os seus espazos, recursos e equipos técnicos ao servizo de creadores e creadoras de dentro e fóra da nosa Comunidade que acudirán ao Gaiás para desenvolver os seus proxectos culturais.

Trátase de creacións vencelladas coa música, coa escena, coa danza, coas artes performativas e audiovisuais e coa literatura, que se desenvolven grazas á colaboración con institucións e colectivos culturais, e que contribúan a consolidar a Cidade da Cultura como viveiro cultural creativo.
Residencias Literarias do Gaiás

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información