Pinturas da 'era de acuario'

Completada cunha proxección audiovisual, a exposición foi creada coa idea de que “recorrendo todas as pinturas, como se foran fotogramas dunha película”, a mostra permita “contar unha historia” ao espectador, unha historia que “neste caso é a da era de acuario, o ascenso da humanidade a esta quinta dimensión”. Con esa idea, Elohim empregou para as súas obras pinturas fluorescentes, de tal xeito que apagando a iluminación da sala “e activando unha luz negra, as pinturas mudan e nos permiten ver esa quinta dimensión”.
Universidade de Vigo