Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Publicado o sétimo volume do Atlas Lingüístico Galego

A maioría dos mapas presentan as distintas designacións rexistradas para unha mesma referencia de significado: rapaz de entre 12 e 17 anos (rapaz, mozo, chaval, etc.), maquía (maquía, maíca, copo, ...), labrador (labrador, labrego, paisano, ...), telleiro (telleiro, louseiro, canteiro, ...). Uns poucos mapas recollen tamén a diversidade de significados con que son empregadas certas denominacións de medidas utilizadas no mundo agrícola (ola, ferrado, canado, ...). Este volume é o segundo do ALGa con información léxica relacionada co ser humano, xa que en 2005 publicouse o volume V con datos sobre o vocabulario do corpo humano. O volume foi elaborado e editado polos profesores e investigadores da USC Rosario Álvarez, Francisco Dubert García e Xulio Sousa.

O proxecto do Atlas Lingüístico Galego naceu coa pretensión de documentar a variación xeolingüística do galego falado nas áreas rurais na década do anos setenta do século pasado. O material sobre o que se elaboran os volumes do ALGa está constituído polas enquisas realizadas en 167 localidades do territorio de fala galega distribuídas en Galicia, Asturias, León e Zamora. Este proxecto de investigación desenvólvese grazas ás axudas da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade e da Fundación Barrié. O ALGa está vinculado con outros proxectos de xeografía lingüística europeos: Atlas Linguístico-Etnográfico de Portugal e da Galiza, Atlas Linguarum Europae e Atlas Linguistique Roman. No ámbito dos estudos de dialectoloxía o atlas galego é recoñecido polo rigor na presentación dos datos e pola calidade das visualizacións cartográficas.

O sétimo volume do ALGa está publicado pola Fundación Barrié e o Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC.
Universidade de Santiago de Compostela

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información