Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Preséntase 'Un lugar afastado', a nova entrega de Beto Luaces que completa a triloxía 'VICVS'



O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presentaron hoxe Un lugar afastado, o novo libro do escritor Beto Luaces que completa a triloxía VICS, un referente da novela negra ambientada na cidade. Ademais do autor, o acto de presentación tamén contou coa presenza do editor, Antonio Couto, de Bolanda.

Na súa intervención, o secretario xeral de Política Lingüística subliñou que Vigo “é o escenario desta novela negra que xa ocupa os primeiros postos dos libros máis lidos e vendidos na cidade”. Referiuse tamén á trama “que mestura realidade e épica” e que recupera a coñecida figura de Alfonso Graña, “un galego de Avión que, como tantos, partiu á emigración na busca dunha vida máis próspera e se chegou a converter, nin máis nin menos, que no rei dos xíbaros”, sinalou.

Pola súa parte, a delegada territorial puxo en valor “o destacado papel de Vigo como escenario da triloxía, que leva aos lectores e lectoras a facer un percorrido pola nosa cidade, polos nosos principais enclaves e elementos arquitectónicos máis característicos”.

A presentación concluíu cun roteiro literario ofrecido polo propio autor, Beto Luaces, que saíu desde a sede da Delegación Territorial cara á estación marítima, ao pé da estatua do nadador, e se prolongou polo Hotel Bahía, o peirao de trasatlánticos e o casco vello, con referencias á península do Morrazo, á Guía ou á serra do Suído, e paradas nas avenidas e no edificio Mülder, no que se sitúa a propia casa de Manuel Peixoto, o protagonista principal da Saga.

Triloxía de novela negra viguesa

Con Un lugar afastado o autor vigués Beto Luaces completa a triloxía iniciada en 2017 con Un lugar do común e ampliada en 2019 con Un lugar aquelado, dous volumes con grande éxito de crítica e acollida na denominada novela negra viguesa.

O primeiro dos títulos foi o libro máis prestado na Biblioteca Pública de Vigo no ano 2018; un éxito que revalidou ao ano seguinte no segundo posto dos libros máis prestados deste centro e que ampliou durante 2020 encabezando a lista dos máis vendidos en galego en Vigo. Arestora van, respectivamente, pola terceira e segunda edición.

Alfonso Graña, rei dos xíbaros

Nesta última entrega da triloxía Beto Luaces volve botar man dun feito real, a historia de Alfonso Graña, rei dos xíbaros, un dos personaxes máis fascinantes da historia de Galicia: un veciño de Avión que emigrou a América en busca de fortuna e chegou a converterse no rei Afonso I da Amazonia tras morrer o xefe da tribo con cuxa filla casara.
Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información