Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O escritor X. Ricardo Losada gaña o premio Torrente Ballester cunha obra sobre a relación de Manuel Antonio e a súa nai

"O rosario e a buguina" de X. Ricardo Losada Vicente foi a obra escollida polo xurado como gañadora do xXXII Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega composto polos gañadores da edición anterior Álex Alonso e Antón Riveiro Coello , a xornalista Susana Pedreira e as escritoras Inma Otero e Beatriz Maceda e presidido polo deputado de Cultura, Xurxo Couto e a xefa de servizo de Cultura da Deputación da Coruña, Mercedes Fernández Albalat. como secretaria. O premio está valorado en 6.500 € máis a publicación da obra gañadora.

O xurado destacou a potencia da historia que narra os últimos meses da vida de Manuel Antonio e o conflito suscitado coa súa nai na casa de Rianxo por motivos relixiosos e, de maneira especial, polo xeito de se enfrontar á morte próxima. "A novela constrúe a trama coa alternancia de voces pola que a historia se relata desde a nai ou desde o propio Manuel Antonio cunha eficaz construción de personaxes e unha escrita coidada", destacou o xurado que sinalou tamén que a obra leva a reflexionar sobre a incomprensión da figura do artista no ámbito familiar.

X.Ricardo Losada recrea na súa novela o final da biografía de Manuel Antonio cando, gravemente enfermo, regresa a Rianxo desde Cádiz para refuxiarse neste tempo final na casa familiar. "Sempre tiveran unha relación moi tirante, con amor, si, mais tamén con enfrontamento, e neste caso o conflito relixioso acentúase de maneira especial pola vontade dela de que o poeta reciba a extremaunción e a negativa del a aceptalo", explica o autor dunha novela que convida á reflexión sobre a vida, a liberdade e a morte.

Con anterioridade, o escritor asinou tamén unha obra, neste caso de ensaio e investigación, sobre a figura de Manuel Antonio que agora ficciona na novela gañadora.

O autor é profesor de Filosofía no IES Félix Muriel de Rianxo e publicou cinco libros, "O xente da chuvia" (Edicións do Castro), "Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo" (Xerais Edicións) "Bótame deste mar fóra" (Toxosoutos), "Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego" (Editorial Galaxia) e "A casa xunto ao volcán" (Editorial Galaxia), galardoada co II Premio Viadutos 2019.
En anteriores edicións, os gañadores do Premio Torrente foron Antón Riveiro Coello con "O paraíso dos inocentes" e Alex Alonso con "Granito" en 2019; Xabier López con "900" no 2018; Manuel Piñeiro con "A través do fume" en 2017 e Eli Ríos con "Luns" en 2016, ano en que iniciou a súa andaina a modalidade do Torrente Ballester para lingua galega. Con anterioridade, Carlos Reigosa, Xesús Constela, Xosé Vázquez Pintor, Xosé Carlos Caneiro, Manuel Rivas e Víctor F. Freixanes foron os autores en lingua galega que se fixeran co premio Torrente Ballester que iniciou a súa andaina en 1989 como convocatoria literaria á que se podían presentar obras en galego e español.
Deputación da Coruña

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información