Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Museo de Belas Artes da Coruña presenta a mostra 'Vestir Épocas, 1860-1960. A Colección González-Moro'


O espectador terá ocasión de adentrarse nos usos e costumes que transitaron desde mediados do século XIX ata mediados do século XX, a través dun recorrido que se extende por toda as salas do museo en diálogo coas obras da colección permanente, atendendo a súa iconografía, época e uso.

A exposición, organizada polo Museo de Belas Artes da Coruña baixo o patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, está comisariada polo arquitecto Fernando Agrasar Quiroga e o especialista en moda Román Padín Otero e poderá visitarse desde o 28 de outubro de 2020 ata o 14 de marzo de 2021.

As vestimentas son pezas de gran beleza, prodixio técnico, singularidade museográfica e relevancia histórica, confeccionadas e pertencentes, na súa meirande parte, á vida en Galicia. Así, reflicten a moda urbana, local e cosmopolita, artesana e, a súa vez, industrializada dun mundo moderno en continuo movemento. A historia galega eleva a súa importancia desde a perspectiva do traxe e dirixe a mirada hacia unha manifestación cultural; un arte que define a nosa contemporaneidade: a moda, entendida desde o seu valor social. O percorrido, que vai desde mediados de 1860 ata mediados de 1960, amosa a alborada da confección en serie e o traballo esencial das modistas, dos sastres e dos familiares que cosía, tecían e reparaban as vestimentas. Son obxectos e roupas que seguen a moda das épocas nas que se crearon e incorporan particularidades dos que as levaban. Son herdanzas e memoria.

Da totalidade das pezas, soamente unhas poucas foron expostas con anterioridade na exposición Con-Fío no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela, e dúas na mostra Sorolla y la moda do Museo Nacional Thyssen-Bornemisza en Madrid. Con todo, a colección completa da familia González-Moro preséntase agora por primeira vez para ensalzar o seu valor de patrimonio colectivo e xerar, en cada unha das salas do museo, unha gran “conversa” entre as artes.

Seccións

Vestir Épocas, 1860-1960. A Colección González-Moro amosa unha importante colección de moda no seu valor artístico e social, e é a testemuña dun período de tempo vinculado á modernidade en Galicia. Está dividida en nove sección. A primeira é a chamada Wonderkammer ou Cámara das maravillas, na que preséntase unha miscelánea de pezas, desde pedrería ata complementos, que facilitan a comprensión de todo o que ven a continuación.

En primeiro lugar, nos encontramos coa sección Corpo e silueta, na que unha amplia colección de roupa interior, tanto de home como de muller, ábrese ante o espectador acompañada dun vídeo creado por Jesús Madriñán e Manu Seoane. Continuando o percorrido e, en relación coas pinturas relixiosas, preséntase Corpos celestiais, onde podemos ver, entre outros, os traxes de bautismo e comunións. Máis adiante nos atopamos con Donas de branco e cabaleiros de negro na que destacan os vestidos de noiva e os traxes de etiqueta para cabaleiros, e, do mesmo xeito, complementa o espacio á carón dos retratos a sección Pequenas principalidades, que mostra sombreiros e outros complementos. A ropa dedicada ao loito e os uniformes ten a súa sección en Loito e uniformes. Rigor no vestir e, pola súa banda, as capas de viaxe e os traxes de paseo visten as obras de paisaxes en Roupa de visita e viaxe. Finalmente, na sala dedicada ao século XX podemos ver Flâneries e Folies, roupa de día e roupa de noite, coa que se crea un espazo tan colorista, cambiante e intenso como a arte deste século, para terminar coa sección Roupa de servicio, en diálogo coa sala de Sargadelos.

Actividades complementarias

O Museo de Belas Artes da Coruña programa, ademáis, toda unha serie de actividades en torno á exposición: visitas guiadas e conferencias, dirixidas ao público e atendendo tamén ás limitacións do aforo contempladas pola situación da Covid-19.
Museo de Belas Artes da Coruña

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información