Volve con forza o Ciclo POETAS DI(N)VERSOS: o mellor da poesía de Galicia e de fóra dela na voz dos seus autores/as

Elsa López (1943) naceu na actual Malabo (Guinea Ecuatorial) e é Medalla de Ouro do Goberno Canario e Embaixadora de Boa Vontade da Reserva da Biosfera Illa da Palma ante a UNESCO. Polos máis de vinte poemarios que foi dando ao prelo dende comezos dos 70, levou galardóns coma o Cidade de Melilla, o Rosa de Damasco ou o José Hierro. Pola súa banda, Moncho Caride (1957) é un autor de longa e recoñecida traxectoria na literatura galega, cultivando a novela, o ensaio, o relato, a narrativa infanto-xuvenil e a poesía, con premios coma o Blanco Amor, o Frei Martín Sarmiento, o Lueiro Rey, o Risco de Narrativa Fantástica ou o Cidade de Ourense.
Como xa é tradición neste ciclo poético que recibira o Premio da Crítica de Galicia á Mellor Iniciativa Cultural, unha libraría de proximidade porá á venda exemplares dos libros das persoas convidadas, a fin de que todo interesado/a poda adquirilos e solicitar unha sinatura de puño e letra. Novos e seguros encontros con esa forza da palabra que poda servir de consolo en tempos tan incertos.
Poetas Di(n)versos