A Biblioteca Virtual de GaliciaDigital chega aos 200 libros

Plenamente satisfeitos polo planteamento e o traballo desenvolvido, queremos deixar constancia de agradecemento sen límites a autores e autoras que nos autorizan a reproducir as súas obras, e igual recoñecemento para todos os internautas que cada día entran na BIBLIOTECA VIRTUAL DE GALICIADIGITAL para descubrir novas publicacións, antigas ou novísimas, que forman parte esencial da nosa oferta-aportación á infraestrutura dixital do país.
GaliciaDigital