Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A escritora Guadalupe Gómez Arto gaña o VI certame poético Rosalía de Castro 2020 coa súa obra 'No encanto do aire'

O xurado valorou que “No encanto do aire” é “un poemario que, partindo das rúas de Compostela percorre o país con mirada silenciosa, por veces desolada, axudada polas pegadas da nosa tradición, historia e literatura”.

Ademais de Antonio Fernández como presidente, o xurado estivo composto polos vogais: Lorena Couso Dopazo (concelleira de Cultura de Padrón), Anxo Angueira Viturro (profesor do Departamento de Filoloxía Galega e Latina na Universidade de Vigo e presidente da Fundación Rosalía de Castro), Manuel Lorenzo Baleirón (mestre no IES Macías o Namorado de Padrón), María Xesús Senín Fernández (profesora de lingua e literatura galega no IES Camilo José Cela de Padrón), Xosé Luís Axeitos Agrelo (filólogo, escritor, investigador e membro da Real Academia Galega) e María López Sánchez (filóloga, ensaísta e profesora asociada na Facultade de Ciencias da Educación da USC. A animadora cultural do Concello de Padrón, Beatriz Lorenzo Vázquez, participou como secretaria do xurado, con voz pero sen voto.

Autora

Guadalupe Gómez Arto, nada en Fisteus (Curtis) en 1972, é unha poeta e xornalista galega. Máis coñecida como Lupe Gómez, marchou con trece anos estudar o bacharelato á cidade da Coruña e máis tarde licenciouse en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela. Ten colaborado con “El Correo Gallego” e “Galicia Hoxe”, ademais de facer artigos e críticas de libros e de teatro.

Este VI certame poético Rosalía de Castro 2020 súmase a outros premios acadados nos últimos vinte anos, todos eles pola súa faceta como poeta. Entre esas distincións figuran o Premio da Crítica de poesía galega 2018 por “Camuflaxe”, o Premio Eusebio Lorenzo Baileirón de 2004 por “Azul e estranxeira” ou o Premio Johán Carballeira de 2003 por “O útero dos cabalos”.

Ademais da poesía, Lúpez Gómez ten cultivado tamén a narrativa (“Fisteus era un mundo”, 2001; “Quero bailar”, 2006), o teatro (“Diario dun bar” e “Diálogos imposíbeis”, editados en 2008 e 2011 por Laiovento), a literatura xuvenil (“Querida Uxía”, editado en 2004 por Luís Vives) e máis recentemente o epistolario (“Fosforescencias”, 2019).
Concello de Padrón

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información