O festival Peregrinos Musicais chega á X edición
Os interesados poderán participar como solistas ou formando pequenos grupos de cámara. Tamén se admitirá a inscrición de mozos cantores clásicos, neste caso o límite de idade sobe ata os 25 anos. Tamén se poden inscribir grupos de cámara. Neste último caso, a media de todos os compoñentes do grupo non debe exceder de 22 anos.
Superar as probas de selección significa que os músicos noveis teñen unha gran oportunidade de participar na cita musical máis importante da clásica que se organiza en Galicia na actualidade para mozas. Ademais, Peregrinos Musicais tamén é un Festival internacional, polo que se trata dunha cita de gran prestixio.
O 12 de abril pecharase a admisión das solicitudes de inscrición. As probas de selección terán lugar o 19 de abril na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.
Unha vez escoitadas as audicións de todos os aspirantes admitidos, o profesorado encargado de avaliar as probas elixirá os aspirantes definitivos pasando a formar parte do cartel definitivo do X Festival Peregrinos Musicais. Este ano, os concertos terán lugar en Santiago de Compostela entre o 2 de xuño e o 8 de xullo.
Os aspirantes xa poden formalizar a inscrición enviando os seus datos a través da páxina web oficial de Peregrinos Musicais, é dicir, http://peregrinosmusicales.com/gl/inscripcion-2020/ Na web atoparán unha ligazón de inscrición que deben encher e no que poden subir audios cos Neus materiais. Unha vez enviado o formulario, a dirección de Peregrinos Musicais avaliará todas as inscricións e darase a lista dos preseleccionados e notificaráselles o horario das audicións de proba.
Os músicos terán que identificarse co seu nome e apelidos e especificarán con que instrumento desexan presentarse. Os aspirantes teñen que ter unha idade comprendida entre os 12 e os 22 anos.
Os novos aspirantes deben enviar xunto á inscrición a súa curriculum musical e tamén terán que facer chegar o repertorio que van interpretar. Pódense incluír pezas de libre elección cunha duración máxima de 15 minutos.
O Festival Internacional Peregrinos Musicais naceu para apoiar novos talentos musicais que estudan música nas diferentes escolas e conservatorios de música que hai en Galicia ou músicos nados en Galicia que na actualidade cursan estudos fóra da comunidade autónoma galega.
Este evento ofrecerá a ocasión única de participar como solistas coa prestixiosa orquestra clásica como é a Real Filharmonía de Galicia. Tamén actuarán noutros concertos en recintos singulares da capital de Galicia e que xa son un símbolo deste Festival.
Tanto a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, como o concello de Santiago de Compostela apoian institucionalmente o desenvolvemento deste Festival de música. O Festival conta ademais co apoio da Deputación da Coruña.
O Festival Peregrinos Musicais non é un concurso musical. Trátase dunha oportunidade única que ofrece apoio e promoción a músicos que soñan con facer carreira musical. A calidade dos concertos, o esmerado coidado e selección dos escenarios e o apoio que sempre mostra o público é un fabuloso termómetro para os músicos, que poñen a proba as súas aptitudes diante de espectadores cultos e que coñecen e valoran a música clásica. É ademais un test que mide o potencial profesional de cada un dos artistas.
A Asociación Peregrinos Musicais fundouse no ano 2011 en Santiago de Compostela da man da pianista rusa afincada na capital galega, Ilona Timchenko. Do nacemento da asociación xurdiu o desenvolvemento dunha das súas actividades centrais, como é a organización do festival, aínda que ao longo do ano tamén se organizan outras actividades como cursos de verán e outras xornadas de formación.

Peregrinos Musicais