Os Premios Martín Códax abren convocatoria para recoñecer 20 proxectos musicais galegos
Así o anunciaron hoxe os representantes da Asociación Músicas ao Vivo, organizadora dos premios, nun acto celebrado esta tarde na Sala Sónar de Santiago de Compostela que incluíu a actuación en directo do cantante Brais Morán e a intervención das principais entidades colaboradoras: a Xunta de Galicia, as Bodegas Martín Códax, o Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial de Pontevedra.
Evolución en positivo
O director da Agadic, Jacobo Sutil, participou nesta presentación, na que deixou testemuño do apoio do Goberno galego a estes galardóns desde o seu nacemento. Expresou, ademais, a súa satisfacción pola evolución dos premios "sempre cara adiante e en positivo, nunha traxectoria que medrou parella á propia asociación profesional que os creou e os impulsou, á que lle temos que agradecer o seu tesón e capacidade para a súa impecable organización ano tras ano". “Os premios son, en definitiva, unha cara máis (e cun potencial de proxección moi destacado) do bo momento que está a vivir a música en directo”, engadiu.
Neste sentido, destacou a representatividade probada e o peso específico actual de Músicas ao Vivo, trazos que a lexitiman −engadiu− “como unha das interlocutoras principais coa Administración á hora de decidir e de levar a cabo as distintas políticas que inciden na música en directo”.
Os Premios Martín Códax da Música teñen por obxectivo visibilizar e recoñecer a diversidade e a calidade artística das producións musicais e de todo o sector musical galego. Este ano serán 20 proxectos os galardoados, xa que se convocan 17 categorías, dúas máis que en 2019, e tres premios Organistrum para salas, festivais e espazos de comunicación. Tamén se fará entrega dun premio honorífico, decidido pola directiva de Músicas ao Vivo, que será anunciado proximamente.
Outra novidade importante será o sistema de votacións, xa que se inverte a orde de emisións de voto para que sexa un xurado profesional quen faga unha primeira selección. A partir desta escolma, abrirase un segundo período de votación por parte de todas as persoas asociadas a Músicas ao Vivo, que decidirán deste xeito a fase final.
A gala de entrega terá lugar o 6 de maio no pazo da Cultura de Pontevedra e contará coa dirección artística do actor e director teatral Gustavo Dieste. Ese día, os galardoados recibirán os tradicionais melómanos, as esculturas de madeira creadas por Víctor Lorenzo como trofeo oficial dos Premios Martín Códax da Música.

Premios Martín Codax