Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

2020, ano Concepción Arenal na USC

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; a concelleira responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural do Concello de Santiago, Mercedes Rosón; e o vicepresidente e o secretario do Ateneo de Santiago, Manuel López-Rivadulla Lamas e Francisco Candela Castrillo, reuníronse este mércores co reitor Antonio López no Colexio San Xerome coa intención de perfilar as accións conxuntas que estas institucións desenvolverán para reivindicar a figura da autora ferrolá e nas que tamén tomará parte o Consello da Cultura Galega.

Malia que este é un proxecto colectivo e aberto á participación doutras entidades, a Universidade traballa xa, xunto con estas institucións, no desenvolvemento de diferentes iniciativas cuxos puntos nucleares serán unha exposición no Colexio de Fonseca programada para o mes de setembro baixo o título ‘Concepción Arenal. A conciencia da razón’, así como a celebración dun congreso internacional no mes de outubro no que diferentes especialistas poderán abordar a figura de Concepción Arenal dende un enfoque multidisciplinar.

Ademais da mostra e do congreso, a USC impulsará unha serie de concertos nutridos coa obra de compositores do Rexurdimento que formaban parte dos salóns habituais da época como o moi coñecido de Emilia Pardo Bazán. Obras do violinista Jesús de Monasterio, amigo íntimo da autora, e do seu alumno Andrés Gaos, conformarán, entre outros autores e autoras, o programa dos concertos.

Asemade, tal e como se puxo de manifesto na reunión celebrada este mércores, as institucións están a traballar noutras accións. Entre elas, a USC súmase á iniciativa do Ateneo de acometer a publicación dunha edición facsimilar das obras La mujer del porvenir e La mujer de su casa, textos seminais para entender o pensamento feminista da autora ferrolá. Esta edición contará cun estudo introdutorio a cargo da profesora Carmen Blanco da Facultade de Humanidades. Ademais, a institución compostelá sumouse á iniciativa cidadá do Ateneo ante o Concello, xa aprobada, para efectuar o traslado dende o seu emprazamento actual cara unha nova localización do busto de Concepción Arenal.

Nesta liña, a Universidade publicará dentro da colección Clásicos do Pensamento Universal, colección coeditada coa Fundación BBVA, a tradución ao galego da obra El visitador del preso.

O venres 31 de xaneiro, data do aniversario do seu nacemento, os centros que integran a USC, tanto no campus de Santiago como no de Lugo, están chamados a acoller diferentes iniciativas para visibilizar e poñer en valor ante a comunidade universitaria e a sociedade en xeral, a figura de Concepción Arenal. Neste senso, nas vindeiras datas levaranse a cabo reunións cos centros para definir este programa de actividades. O descubrimento dun vítor na honra da xornalista tamén formará parte da axenda de actos que se desenvolverá ao longo de 2020.

Comisión para definir o programa

Malia que o primeiro encontro entre as diferentes institucións tivo lugar este mércores, a USC leva traballando dende hai varios meses no deseño da programación para este ano Concepción Arenal. Neste senso, elaborouse unha comisión interdisciplinar, a fin de artellar unha axenda que aborde dende diversas perspectivas a súa traxectoria. Ramón Ángel Bouzas Lorenzo, decano da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais; Ana María Gude Fernández, decana da Facultade de Dereito; José Francisco Méndez García, director da Biblioteca Concepción Arenal; Anxo Doval, técnico da Biblioteca Concepción Arenal; a catedrática de Dereito Administrativo, Alba Nogueira; a catedrática de Dereito Civil, María Paz García Rubio; a catedrática de Filosofía, María José Agra; o profesor de Dereito Penal, Fernando Vázquez Portomeñe; e o profesor de Historia da Educación, Vicente Peña Saavedra, integran a comisión da USC para este ano Concepción Arenal.
Universidade de Santiago de Compostela

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información