Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

'Cartografías da narrativa galega contemporánea', de Xaquín Núñez, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2019

A obra Cartografías da narrativa galega contemporánea, de Xaquín Núñez Sabarís, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2019, que convocan conxuntamente a Consellería de Cultura e Turismo e Editorial Galaxia co patrocinio de Caixa Rural Galega. O galardón está dotado con 3000 euros e a publicación da obra por Galaxia durante o próximo ano.

O xurado, que concedeu o premio por maioría e salientou a calidade dos orixinais presentados e a variedade de temas tratados neles, valorou moi especialmente o achegamento ao discurso literario galego desde unha perspectiva aberta ao transmedia e á cultura de grande difusión. A obra revela dunha maneira anovadora e lúcida cambios repertoriais na produción galega a través do estudo do thriller xacobeo, a novela viguesa e o auxe da narcoficción. Integrárono África López Souto, Luís Alonso Girgado, María López Sández, Anna Rodríguez Figueiredo e Carlos Lema (este último, como secretario con voz e voto).

O autor, Xaquín Núñez Sabarís, é doutor en Filoloxía Hispánica e profesor asociado titular do Departamento de Estudos Românicos da Universidade do Minho, institución en cuxo Centro de Estudos Humanísticos desenvolve o seu labor investigador no marco do grupo de investigación Identidade(s) e Intermedialidade(s). Participa tamén no grupo de investigación dedicado ao estudo da obra de Valle-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela.

Un galardón con 19 obras e autores premiados

Desde a súa creación, no ano 2000, o Premio de Ensaio Ramón Piñeiro conta cun total de 19 autores e obras premiadas: Basilio Lourenço Fondevila (A submisión das masas. Do poder do progreso ao progreso do poder); Anxo A. Rei Ballesteros, (Tempo e vinganza); Xosé Luís Barreiro Rivas (A terra quere pobo); Teresa Moure (Outro idioma é posible), Rebeca Baceiredo (O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo), Ramón Area Carracedo e Alexandre García-Caballero (Psicopatoloxía do retorno), María López Sández (Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio), Xosé Ramón Quintana Garrido (Un longo e tortuoso camiño), Manuel Pérez Rúa (Domingos de calcetíns brancos. Retrato do cambio social na xeración de 1950), Ramón Máiz (A arte do imposible), Teresa Moure (Queer-emos un mundo novo), Xaime Subiela (Para que nos serve Galiza?), José María Durán Medraño (Da natureza de escritores, artistas e vermes. Ensaio sobre o pracer nun diálogo con Karl Marx), Luís García Soto (Barthes filósofo), Santiago Lamas e Alfonso Mato (De camiños, viaxeiros e camiñantes. Peregrinos de Nós ao cabo do mundo), Rafael Quintía Pereira (Mariña, de deusa a santa. A advocación de Santa Mariña na cristianización da Gallaecia), Xosé Constenla (O colapso territorial en Galiza. Unha lectura dende o espazo da construción social do país’) e Fernando Redondo Neira (Os amorodos de Bergman).
Premio Ramón Piñeiro de Ensaio

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información