Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Sociedade Filarmónica de Lugo alcanza o seu concerto número 700

Ábrese a tempada co concerto que ofrecerá xunto á Real Filharmonía de Galicia o último gañador do Consurso de Piano Paloma O’Shea de Santander, o ucraíno Dmytro Choni. O programa inclúe o gran Concerto para piano e orquestra nº 2 de Chopin xunto á Sinfonía “Escocesa” de Mendelssohn. Será o próximo 18 de outubro no Círculo das Artes, ás 20:00 h.

Destaca a presenza, no ciclo de concertos, das tres grandes orquestras sinfónicas galegas: a mencionada Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra Sinfónica de Galicia que pechará a tempada o 14 de maio e a Orquestra Vigo 430.

A Orquestra viguesa participará en tres datas durante o ciclo, tanto en formato sinfónico, como barroco e tamén xunto ao Coro Rías Baixas: un concerto conmemorativo do 250 aniversario de L.v. Beethoven será o protagonista do primeiro (15 de febreiro), no que a extraordinaria violinista holandesa Rosanne Philippens dirixirá e actuará como solista no Concerto para violín de Beethoven, completando o programa monográfico a súa 2ª Sinfonía. A Orquestra Barroca Vigo 430 será dirixida polo prestixioso oboísta portugués Pedro Castro, nun programa dedicado a Cantatas de J. S. Bach que tamén incluirá o Concerto para oboe de Marcello (25 de xaneiro), e nun terceiro concerto a Orquestra Barroca xunto ao Coro Rías Baixas, dirixidos por Lina Tur Bonet ofrecerán a Paixón segundo San Juan de J. S. Bach, unha dos cumes do repertorio barroco. A cita para este concerto será o 21 de marzo.

A celebración do 250 aniversario do nacemento de L. v. Beethoven será outro dos fitos do 2020 que terá presenza ao longo da tempada en varios concertos que incluirán tanto a súa música sinfónica como unha das súas máis destacadas producións, os Cuartetos de corda, que terán presenza en varios concertos, comezando o 17 de xaneiro co estadounidense Brentano String Quartet, un dos cuartetos de corda máis prestixiosos do mundo. Tamén incluirá no seu programa un cuarteto de Beethoven o Ensemble Trifolium, grupo significado na interpretación historicista que actuará o 16 de marzo, finalizando o percorrido por Beethoven, o 4 de abril, o cuarteto de corda máis internacional na actualidade do noso país: o Cuarteto Quiroga.

Un lugar especial e sinalado terá na tempada o concerto dedicado ao ciclo de cancións de Franz Schubert “A Viaxe de Inverno”, obra fundamental na produción do vienés e do romanticismo alemán. Estará a cargo de dous grandes especialistas na materia como son o barítono Vicente Antequera e o pianista Óscar Oliver. Será o 7 de decembro.

O 25 de abril a violinista Rusanda Panfili e Dana Pentsov na viola poñeranse á fronte do Ensemble Vigo 430 para ofrecer un programa con dúas obras de cámara excepcionais: o Octeto en mi menor de Mendelssohn e o Sexteto nº 2 de Brahms.

O último gañador do Concurso Internacional de Piano Ciudad de Vigo, Giorgi Gigashvili, que ofrecerá un recital de piano o 4 de marzo e o Zoar Ensemble, que actuará o 26 de novembro, serán outras das presenzas destacadas nesta tempada que finalizará o 14 de maio cun concerto extraordinario a cargo da Orquestra Sinfónica de Galicia, cun programa de música francesa, no que será o concerto número 700 da Sociedade Filarmónica de Lugo

Todos os concertos do ciclo serán no Círculo das Artes de Lugo ás 20:00 h
Sociedad Filarmónica de Lugo

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información