Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O escritor Valentín Alvite gaña o Raína Lupa coa novela 'Antía e Daren e os pequenos detectives'

Un xurado composto por Montse Pena Presas, Antonio Manuel Fraga, Xosé Cobas e a gañadora e finalista da edición anterior, An Alfaya e Xosé de Cea, presidido polo deputado de Cultura, Xurxo Couto coa xefa de servizo da área de Cultura, Mercedes Fernández Albalat como secretaria, escolleu por unanimidade a novela do escritor Valentín Alvite Gándara como gañadora do XIII premio Raíña Lupa da Deputación da Coruña. O premio está dotado con 6.500 euros.

"Antía e Daren e os pequenos detectives" é, segundo o xurado, "unha novela de misterio presidida polo humor". Destaca no seu fallo a "orixinalidade da historia que sae das liñas habituais da literatura infantil máis recente". Valora tamén na obra de Alvite a súa "retranca e desbordante humor" cun "léxico moi coidado e unha prosa moi áxil".

Pola calidade da obra, o xurado decidiu tamén declarar finalista a novela da escritora María López Sandez titulada "A noite da deusa" da que destaca o seu "moi coidado estilo nunha obra que elabora unha xenealoxía feminista coa fusión de diferentes mitoloxías cun ollar contemporáneo".

O gañador Valentín Alvite Gándara (Cures-Cereixo-Vimianzo, 1959) é Licenciado en Filoloxía galego-portuguesa. O humor preside a súa traxectoria literaria na que, con anterioridade gañou en 2005 gañou o “III Certame de Microrrelatos ‘Lonxa Literaria’” (Moaña) con “Batea” e no 2009 o “VIII Certame Relato de Aventuras ‘Antón Avilés de Taramancos’” (Noia) polo relato “O hotel”. No 2011 foi finalista do premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. A súa primeira obra publicada foi Don Nuno e outros relatos humorísticos, con prólogo de Xosé Luís Méndez Ferrín e no 2017 saiu do prelo o libro Relatos para sorrir, as dúas publicadas en autoedición.

A finalista María López Sandez é licenciada en Filoloxía Hispánica, Inglesa e Galego-Portuguesa e profesora da Universidade de Santiago de Compostela. É autora do ensaio Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio (2008), gañadora do Premio de Ensaio Ramón Piñeiro e en narrativa A forma das nubes e O faro escuro.
Deputación da Coruña

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información