Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Convocada a XXII edición do premio Manuel Colmeiro co fin de fomentar o esforzo investigador dentro da Comunidade Autónoma de Galicia

Con este premio, a Xunta -a través da Escola Galega de Administración Pública- persegue o fomento do esforzo investigador, así como a realización de estudos sobre a Administración da comunidade. A convocatoria está aberta a persoas individuais ou grupos de traballo de calquera nacionalidade dos Estados membros da Unión Europea que poderán presentar investigacións desde calquera perspectiva, xa sexa histórica, xurídica, administrativa, política, sociolóxica ou económica.

Os traballos deberán ser orixinais, inéditos e non premiados con anterioridade, considerando inéditos aqueles traballos que non fosen obxecto de divulgación ou publicación nos termos da lexislación de propiedade intelectual. En consecuencia, non se considerarán como inéditos aqueles que fosen publicados, divulgados ou postos a disposición do público por medios telemáticos, xa sexa internet ou outras redes.

O prazo de presentación das solicitudes e dos traballos rematará o 15 de outubro de 2019 e ambos os dous presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Publicación do traballo premiado en 2017

Por outra banda, a EGAP vén de poñer á venda a través da Libraría Institucional da Xunta de Galicia o traballo premiado na XX edición do Premio Manuel Colmeiro convocado en 2017. Rodrigo Pousa Diéguez, o autor premiado, publica a través da Escola unha investigación sobre a Galicia do Antigo Réxime nun estudo titulado La administración local en tres señoríos del Antiguo Régimen: Corcubión, Muros y Noia, no que analiza polo miúdo unha época na que a comunidade galega contaba cun mapa administrativo moi fragmentado e complexo, con sete provincias divididas en incontables xurisdicións, concellos e partidos.

Este rigoroso traballo académico -premiado pola súa calidade científica e metodolóxica- presenta desde unha óptica multidisciplinar as particularidades máis destacables das vilas de Muros, Noia e Corcubión durante o citado período histórico. O estudo pon en relevo aquelas características comúns a todos estes territorios -emanadas do seu carácter urbano, marítimo-portuario, señorial e galaico- así como as diferencias existentes entre elas, facendo fincapé na pluralidade do fenómeno municipal do noroeste peninsular.
Escola Galega de Administración Pública

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información