Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A romaría etnográfica Raigame dedica a súa XVIII edición ás feiras e ao gando

O evento, "o parque temático por excelencia da etnografía galega", como o definiu o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, foi presentado hoxe no burgo medieval de Vilanova dos Infantes, que acollerá como e tradicional o vindeiro 17 de maio a celebración desta festa popular –declarada de Interese Turístico de Galicia- que cada ano reúne a miles de persoas.

No acto de presentación, o presidente do goberno provincial estivo acompañado polo alcalde de Celanova, José Luis Ferro; e polo director da revista Raigame Xulio Fernández Senra, quen destacaron que nesta edición a Coral de Ruada será galardoada co premio "Adolfo Enríquez", polos seus cen anos de historia.

Manuel Baltar salientou que a Deputación de Ourense "potencia e innova" con este evento que reúne historia, cultura e etnografía, "e que nesta edición céntrase nas feiras de gando, que supuxeron un importante dinamismo social e para as economías familiares", destacando que o programa deste ano inclúe ás razas autóctonas de Galicia.

O presidente da Deputación desexou que novamente "sexan miles as persoas que se acheguen a Vilanova o 17 de maio para que esta festa etnográfica siga a ser un referente da nosa cultura", agradecendo ao Concello de Celanova e ao seu alcalde, José Luis Ferro, a Antonio Piñeiro, a Xulio Fernández Senra e a todas as persoas que fan posible Raigame "a súa implicación neste evento cultural con maiúsculas".

Xulio Fernández Senra explicou que se conseguiu que Raigame "vaia máis aló que o mesmo día de celebración", ao facerse realidade a exposición itinerante de fotografía e fotógrafos de Ourense, que percorrerá durante dous anos diferentes localidades da provincia, e José Luis Ferro agradeceu sinaladamente o apoio e participación dos veciños de Vilanova "para que un ano máis Raigame sexa o escaparate deste proxecto global de dinamización etnográfica".

O Simposio Raigame estará centrado nesta ocasión no traballo realizado polo Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, con sede no Pazo de Fontefiz, e o seu traballo na recuperación de razas gandeiras en perigo de extinción. Tamén participará un representante de Boaga, federación que aglutina ás asociacións de produtores de razas en perigo de extinción, e un membro da asociación AGATRAN-Á Molida (Asociación galega tracción animal) falará da importancia da recuperación de vellos e esquecidos sistemas de traballo con animais nas actividades agroforestais.

As rúas de Vilanova encheranse un ano máis de artesáns de oficios tradicionais e cultura popular, o que, xunto ao teatro, exposicións e actividades programadas volverán situar un ano máis a Vilanova como punto de encontro da etnografía galega.

No acto de hoxe tamén se presentou o número 42 da revista Raigame, un monográfico sobre fotografía e fotógrafos de Ourense, estudos fotográficos, retratos e retratistas da Limia, os comezos da fotografía en Ourense, e as coleccións fotográficas do Museo Etnolóxico de Ribadavia.
Deputación de Ourense

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información