Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A cantautora arzuá MJ Pérez ofrece este xoves no Vello Cárcere de Lugo un concerto no marco do ciclo Lubicán

A cantautora arzuá MJ Pérez ofrecerá este xoves 25 de abril, a partir das 21.00 horas, no Vello Cárcere de Lugo, un concerto no que interpretará temas do seu terceiro e último traballo, ‘Casandra’ , no marco do ciclo Lubicán, un programa impulsado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, no que participan con achegas orzamentarias a USC, Concello e Deputación de Lugo. O concerto é de acceso libre e de balde para todo o público interesado ata completar o aforo.

MJ Pérez, que estará acompañada da súa banda na súa actuación na capital luguesa, acumula tres discos producidos, aínda que ‘Casandra’ constitúe o seu primeiro traballo de estudio. Nesta nova entrega musical, MJ Pérez conta coa colaboración da súa banda, pero tamén inclúe outras achegas especiais, como son Paco Cerdeira, Richi Casás, Ailén ou o zanfonista de Vilalba Martiño Cabarcos.

A artista, que tamén achegará ao público lugués outras temas do seu cada vez máis amplo repertorio, supera ano tras ano novas metas na súa traxectoria. En 2016, acadou un segundo posto no VIII Concurso Musical da Deputación da Coruña; en 2017 gañou o Xuventude Crea; xa en 2018 foi semifinalista dos Premios MIN da Música Independente e finalista dos Premios aRitmar Galiza e Portugal.
Lubicán

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información