Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Docentes e investigadores da USC elaboran unha web cun roteiro virtual da lírica medieval

A xestora e organizadora do tratamento virtual é a doutoranda Janaína Marques Ferreira Rocha.

O obxectivo do proxecto, que contou co apoio da Concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago, foi a creación dunha páxina web que permita acompañar o recurso dese movemento na súa totalidade xeopolítica e no conxunto dos diversos aspectos artísticos (literarios, musicais, arquitectónicos e iconográficos) que engloba. Hoxe presentouse a súa posta en marcha coa indicación de autores, textos e lugares, deixando abertas as vías para unha segunda fase en que será introducida a música. Igualmente, en datas próximas o proxecto virtual poderá ser ampliado a outros espazos, principalmente os concellos limítrofes de Santiago.

Nun mapa artístico da cidade de Compostela, especialmente composto para o proxecto pola artista plástica María Meijide, aparecen identificados e marcados puntos específicos referentes aos trobadores e xograres con eles relacionados. A partir destes o usuario será remitido directamente para informacións relevantes sobre o perfil biográfico de cada autor, comentarios para a comprensión e interpretación dos versos e vídeos dos lugares, destacándose neles os aspectos mais salientables e outros menos coñecidos para o público en xeral, coa colaboración técnica de Ricard di Pace, responsable do deseño gráfico e tratamento dixital.

Entre as investigacións previas derivadas deste Roteiro Virtual da Lírica Medieval, destacan especialmente os libros O amor que eu levei de Santiago, publicado en Galicia (Vieira, Morán Cabanas, Souto Cabo, 2011), e O caminho poético de Santiago (Vieira, Morán Cabanas, Souto Cabo, 2015) , que saíu do prelo no Brasil, así como diversas iniciativas divulgativos de tipo turístico e didáctico, especialmente proxectados a través da realización de varios roteiros presenciais en Compostela e nos seus arredores desde 2012.

O roteiro virtual poderá ser utilizado por persoas de calquera parte do mundo, un maior impacto, en termos académicos e educacionais, naqueles sitios onde a lírica galego-portuguesa tivo unha importancia especial en virtude de ser matriz literaria de temas e formas posteriores, como nos países onde se fala o galego e o portugués. Os autores e autoras non descartan o seu atractivo para todos os lugares de fala española “grazas ao papel que a nosa lírica tivo no desenvolvemento posterior das literaturas nesa lingua. Da mesma forma que falantes de catalán, francés, italiano e alemán poderán encontrar informacións complementarias a aquelas relativas ao trobadorismo occitano, francés, siciliano e xermánico”.
Universidade de Santiago de Compostela

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información