Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Mesa e a AS-PG publican Pondaliana, un libro disco ilustrado por Leandro Lamas con poemas musicados de Eduardo Pondal

O proxecto Pondaliana ideouse hai xa catro anos ao abeiro da Sociedade Cultural Medulio para conmemorar o centenario do pasamento dun dos grandes clásicos da literatura galega do XIX, Eduardo Pondal. Daquela, a entidade ferrolá artellara un espectáculo audiovisual que foi presentado en xuño de 2017 no Teatro Jofre da cidade naval. O presidente da AS-PG, Xoán Costa, lembra que “musicar poemas dos grandes poetas é frecuente noutras literaturas e países” e engade que “o disco ofrece unha visión distinta da que acotío se ten de Pondal, cunha ampla variedade de ritmos e estilos que demostra que a poesía dos nosos clásicos está perfectamente inserida na modernidade musical”.

Francisco Rodríguez, promotor da iniciativa, asegura que o disco “rompe clixés e estereotipos sobre o poeta, sobre a poesía galega do XIX, e leva a gozar con algo que moita xente pensaba superado e outra mira cos ollos da reticencia e mesmo de desdén”. “É unha síntese ilustrativa do mundo pondaliano”, asegura, “que, malia as súas contradicións, non é esa caricatura que se quere facer del como racista, machista ou pederasta. Xa se sabe o éxito que teñen entre nós as descualificacións á lixeira sobre valores da cultura nacional, emitidas con máis atrevida ignorancia e mala intención que con rigor e coñecemento de causa”. Por todo iso, para o profesor ferrolán “un dos maiores acertos e que rechamarán a quen escoite o cedé é que vai atopar co ramiño musical máis variado que seguramente escoitou nunca na música galega”. E engade que “todo o traballo foi feito desinteresadamente, por convicción e por persoas que deben partillar as profesións das que comen, con esta dedicación a espallar o valor da nosa poesía clásica, neste caso o de Eduardo Pondal, que ben o necesita”.

Músicos como Xoán Padín, Alberte López, Lidia Piñeiro, Roberto Vázquez, Alberte Maceiras, Andrés Pazos ou Alberte Núñez foron seleccionando os poemas e propoñendo melodías e ideas musicais para cada un deles. Andrés Pazos, un dos protagonistas do traballo, asegura nunha ampla peza publicada ao respecto por Sermos Galiza que o proceso creativo do disco “foi moi ecléctico, xa que recolle as visións musicais de varias persoas". O profesor de piano do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol sinala que a complexidade de dotar de melodía e instrumentación os poemas de Pondal vén dada pola complexidade da súa propia poesía. Segundo Pazos, “cando os poemas son simétricos, é mais doado poñerlles música que cando son irregulares”.

Outra das participantes activas do proxecto é a vocalista Lidia Piñeiro. Para ela, un dos aspectos máis interesantes do proceso creativo foi ver a transformación que foron experimentando os temas ao longo do proceso. Resalta ademais Piñeiro a importancia deste traballo no sentido de que “a música chega dun xeito moi directo ao corazón da xente e darlle vida aos poemas a través da música axuda a facelos máis presentes nas nosas vidas”.

A Mesa pola Normalización Lingüística

É unha entidade social independente, constituída en 1986 e da que forman parte arredor de 5000 socias e socios e que ten como obxectivo a normalidade plena da lingua galega. Neste sentido, a defensa do dereito ao emprego do galego en Galiza en todas as situacións e contextos é unha das súas principais liñas de actuación. Entendemos que o dereito ao uso da lingua propia non se pode desligar dos máis elementais dereitos humanos, civís e democráticos. A entidade dotouse do Observatorio de Dereitos Lingüísticos que conta cun comité asesor formado por xuristas e persoas expertas en diferentes ámbitos. O Observatorio elabora relatorios e informes que envía a diferentes institucións públicas galegas, estatais ou, recentemente, ao comité de expertos do Consello de Europa para a Carta europea das linguas rexionais e minorizadas. Anualmente presenta publicamente o seu informe A Liña do Galego baseado nos casos de vulneracións de dereitos lingüísticos, mais tamén nas consultas ou parabéns a quen si os garante. A Mesa pola Normalización Lingüísitica forma parte da Rede Europea para a Igualdade das Linguas - ELEN.
Mesa pola Normalización Lingüística

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información