Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O presidente da Xunta destaca o compromiso de Nélida Piñón coa defensa dos dereitos humanos

O titular do Goberno autonómico, Manuel Fraga, presentou no Club Internacional de Prensa a edición en galego do libro A República dos Soños, escrito pola brasileira de raíces galegas Nélida Piñón, quen tamén asistiu á presentación da súa obra. No acto tamén participaron, entre outros, o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Celso Currás, e o editor do libro, Víctor Fernández Freixanes. No decurso do acto, Manuel Fraga eloxiou os valores literarios e humanos da escritora por ter presente a terra dos seus antepasados na súa obra e por ser unha firme defensora dos dereitos humanos, cuestión que Nélida Piñón considera, en verbas do presidente da Xunta, “algo revolucionario no mundo”.

Nélida Piñón, filla de galegos emigrados a Brasil, recrea en A República dos Soños o éxodo da Galicia de principios de século, cando moitos galegos se viron obrigados a emigrar a América. Nesta obra, Piñón maniféstase como unha excelente coñecedora da esencia de Galicia e tamén do fenómeno da emigración, que analiza cunha mestura de realismo e idealismo, dúas compoñentes que se combinan maxistralmente en moitas das súas obras.

A autora brasileira ten recibido numerosas distincións ao longo da súa carreira profesional, entre as que se atopan o Premio Internacional de Literatura Juan Rulfo ou o José Geraldo Vieira, da União Brasileira de Escritores de São Paulo.

SENSIBILIDADE ROSALIANA

“A República dos Soños é unha das súas grandes obras pola súa forma e polo seu contido”, indicou Manuel Fraga en referencia ao título de Nélida Piñón presentado no Club Internacional de Prensa. Cun contido extraordinariamente realista, a autora pon na obra o “seu corazón, que chega ao noso”, tal e como indicou o presidente da Xunta, quen salientou ademais o grande coñecemento do rural galego da autora e a súa sensibilidade rosaliana. Pola súa banda, Nélida Piñón agradeceu o apoio da Xunta de Galicia para que a súa obra A República dos Soños se traducise ao galego. Así mesmo, lembrou as súas raíces galegas e dixo sentirse enriquecida pola súa herdanza familiar.

Na súa intervención, Víctor Freixanes, cualificou A República dos Soños como “a novela máis importante que ten a emigración galega”. Finalmente, o presidente da Xunta, quen prologa a obra, agradeceu a Nélida Piñón a contribución que realiza a Galicia con esta “crónica de emigrantes”.

INTERVENCIÓN DO PRESIDENTE DA XUNTA NA PRESENTACIÓN DA EDICIÓN EN GALEGO DA OBRA A REPÚBLICA DOS SOÑOS DE NÉLIDA PIÑÓN

-“Sen menosprezar outras raíces, cremos que a autora leva nas súas veas o ánimo triunfador, a sensibilidade, o amor á terra, o tesón no traballo, a perseveranza no sacrificio e a imaxinación brillante dos emigrantes deste Finis Terrae, que, en tempos difíciles, buscaron alén do mar a república dos soños”.

-“A ilusión é unha compoñente forte na súa alma, aínda que manifesta claramente que ten moi presente a realidade. É a dualidade vital realismo-idealismo”.

-“Non é allea á defensa dos dereitos humanos, que considera algo revolucionario no mundo”.

-“Recibiu, entre outros, os premios: Walmap (1970), Mário de Andrade (1973), José Geraldo Vieira, da União Brasileira de Escritores de São Paulo (19867; Golpinho de Ouro, ao conxunto da súa obra, e o importantísimo Internacional de Literatura Juan Rulfo”.

-“A República dos soños é unha das súas grandes obras pola súa forma e polo seu contido. A preocupación pola linguaxe e a busca dunha consciente renovación estilística conseguen unha novela fácil de ler, non exenta de complexidade, na que as pinceladas impresionistas –cores, olores e sabores- colaboran á consecución do realismo do contido”.

-“O realismo e o coñecemento do rural galego son tan grandes que con razón falamos antes de crónica [...] A sensibilidade rosaliana da autora sorprende en cada páxina”.

-“Agora é tempo de agradecerlle a Nélida Piñón que escribise esta crónica de emigrantes”.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información