Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O CGAI súmase ao centenario de 'Picadillo' con dúas sesións dedicadas ao popular gastrónomo e alcalde coruñés

Tamén está previsa a proxección doutros títulos relacionados coa cociña e os cociñeiros galegos. Así, mañá martes ás 20,30 h terá lugar a presentación de Picadillo: o peso da cociña galega, película con guión e dirección de Breogán Riveiro e produción executiva de Andrés Barbé para Televisión de Galicia, que contou cunha subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para a súa realización.

O documental debulla a vida de Picadillo través da súa lendaria bonhomía, de anécdotas vitais (o protagonista foi autor de numerosos libros de gastronomía, colaborador xornalístico, político...) e de receitas, o que permite tamén unha achega ao panorama culinario galego da actualidade. A través del coñeceremos aos Picadillo da actualidade (Pepe Solla, Lucía Freitas, Javier Olleros...), pero tamén a Emilia Pardo Bazán e a Álvaro Cunqueiro; así como a expertos en gastronomía e a festas populares. O filme, con interpretacións a cargo de Tacho González e Irene Riveiro, defende que o presente e o futuro da cociña galega constrúese en base a un pasado, polo que o obxectivo do documental é ver a historia en perspectiva.

A homenaxe completarase o mércores 18 con outras proxeccións de temática gastronómica. Ás 18,00 h. pasaranse catro pezas en vídeo do arquivo do CGAI: Betanzos (fondo Foto Blanco, c.1950), un fragmento de La Coruña al día (Armando Hermida Luaces, 1959), Lúpulo (Marqués de Villa-Alcázar, 1951) e Lúpulo y cerveza (NO-DO, 1957), que tratan o cultivo desta herbácea promovido pola entón Sociedad de Fomento de Lúpulo na comarca de Betanzos para dedicalo á industria cervexeira da época.

E como remate, a partir das 20,30 h. o CGAI reporá Cociñando na fin do mundo, a longametraxe documental sobre os cociñeiros integrantes do Grupo Nove, dirixida en 2015 por Alberto Baamonde Bello con guión de Alexandre Cancelo. Producida por EsmerArte, o proxecto, que fora tamén apoiado pola Agadic, estreouse no 63º Festival de San Sebastián, exhibiuse nas pantallas de catro continentes e acadou o Premio Álvaro Cunqueiro de Periodismo Gastronómico.
CGAI

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información