Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Aberta a exposición 'Os Micromedios Lucenses' na Biblioteca Provincial de Lugo

Rosa Cal colaborou coa Biblioteca Provincial de Lugo para organizar esta exposición con importante material correspondente á provincia de Lugo. En palabras de Rosa Cal, "Esta exposición exprésanos o despertar dos impresos populares, que se produciu co cambio da dictadura a un estado constitucional democrático, que respectará os dereitos e liberdades da persoa, entre elas a liberdade de informar.

De 1975 a 1984, só na provincia de Lugo xurdiron máis de cen títulos froito do labor libre de mozos, alcaldes, empresarios, profesores, asociacións culturais, institucións relixiosas, asociacións de veciños... de información xeral ou de minorías, literarias ou de axuda a enfermos e discapacitados, de profesionais da enfermaría ou da nova arte dos fanzíns... de automobilismo, universitarios, escolares, deportivos ou de ocio.

Non están todas, porque -por exemplo- no Ministerio do Interior, entre 1976 e 1984, presentáronse 82 solicitudes de constitución de Asociacións de Veciños. Habitualmente, estas asociacións elaboraban un “Voceiro”, do que non facían depósito legal, polo que na actualidade é case imposible atopalos."

Naquel tempo, xurdiron os "micromedios", que asi se denominan estes impresos dun tempo "no que a sociedade organizouse por asociacións libres con obxectivos diferentes, naqueles anos nos que había que refacelo case todo. E a sociedade ferveu con asociacións de representantes de comercio, empresarios, construtores, amas de casa, ensinantes… había asociacións para promover obras comunitarias, divulgación da historia, homenaxear a xente esquecida… e crearon fanzines e escribion poemas… e atopamos iniciativas senlleiras como Preescolar na Casa, ou os traballos do Centro de Protección de Menores de Rábade. E micromedios políticos (Azo. Asamblea pro amnistía de Lugo), Sindicais (Voceiro de Lugo. Sindicato galego da Sanidade) ou fotocinematográficos como Fonmiñá informa".

A exposición foi inaugurada por Ramón Carballo, en representación da Xunta de Galicia, ao que acompañaban Rosa Cal, inspiradora da exposición, a Xefa do Servizo provincial de Cultura, María José Gómez González, a Directora da Biblioteca provincial, María Elena García Pazos, e o colaborador desta mostra Xulio Xiz.
Biblioteca Provincial de Lugo

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información