María Xesús Díaz expón en Vigo 'Tentación Sonora'
Os temas ainda que moi diferentes, son paixases inventados con unha interpretación moi persoal por parte da artista, que con toda seguridade non se poderán atopar na realidade. Ainda que moitas veces os visitantes traten de situalos en determinados lugares.
Abriu a presentación Carlos L. Bernárdez, historiador, ensaísta, crítico literario e artístico, facendo unha análise das obras e a súa relación coa música, motivado a que a autora tratou de unir escenarios pictóricos con ritmos musicais. Tema moi ben captado e expresado por Carlos L. Bernárdez con o siguinte comentario: O traballo de María Xesús Díaz combina, xa que logo, un estruturado rigor conceptual que traspasa e que acaba por conformar unha realidade plástica moito máis complexa e suxestiva. A súa obra é, sobre todo, desenvolvemento plástico, mais ao traballar desde un xogo de modulacións sinestésicas, é tamén, ao tempo, linguaxe, historia, evocación. O resultado é unha coexistencia de signos, como interpretaría unha análise formalista, mais de signos abertos, que permiten lecturas múltiples, fortemente evocativas.
Patricia Nogueira, falou da exposición baixo o seu sentimento como filla da artista. Deixando claro que as creacións de María Xesús están compostas por unha alta riqueza cromática.
Apuntando tamén que a persistencia da artista por acadar unha resolución satisfactoria, mergúllana nun proceso dependente totalmente do estado da súa alma. Coa alma en paz, a inspiración chega, despóis a mente e o corpo crean. O final da obra está cerca se o equilibrio persiste. Patricia Nogueira e enxeñeira informática, realizadora audiovisual e crítica independente.
Por último tomou a palabra a artista para dar grazas a todos os asistentes, sentíndose moi arroupada. Quixo tamén agradecer as persoas que participaron directamente en un libro catálogo que ben de publicar, e que moitos deles estaban presentes na inauguración. Con unha mención moi especial e emotiva para o amigo e dramaturgo Gustavo Pernas recentemente falecido, que tamén deixou a súa pegada no libro de María Xesús Díaz.
Carlos L. Bernárdez, deu lectura ao texto de Gustavo Pernas lembrando o cariño e amizade que unía a Gustavo con María Xesús, Carlos, e tamén con moitos dos presentes, respondendo todos os asistentes cun longo aplauso.
Seguidamente o músico Paco Barreiro amenizou o evento con unhas pezas musicais e unha creación poética da súa autoría relacionada coas obras presentes. E para rematar se pasou a disfrutar da exposición.
Afundación