Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Agadic colabora cos Cineclubes na organización de 24 ciclos e semanas de cine en 16 localidades galegas

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) apoia un ano máis a Federación de Cineclubes de Galicia (Feciga) no desenvolvemento dunha ampla programación nos seus cineclubs asociados, que durante 2018 teñen previsto organizar 24 ciclos e semanas de cine en 16 localidades.

Segundo se recolle no convenio de colaboración asinado polo director da Agadic, Jacobo Sutil, e o presidente da Feciga, Manuel Precedo, a achega económica da Xunta a esta oferta audiovisual sitúase este ano en 30.000 euros, cun incremento de 5.000 euros respecto a 2017. A través desta contribución, favorécese o mantemento dunha oferta audiovisual e de calidade nos cineclubs galegos, ao tempo que impulsa o seu labor de difusión e de creación de públicos para o cinema.

O obxectivo último é reforzar o papel destas asociacións culturais como alternativa á exhibición cinematográfica dos circuítos comerciais e, nalgúns dos casos, como única posibilidade de ver cinema en pantalla grande para os espectadores das súas localidades.

Como en anos anteriores, a nova programación da Federación de Cineclubes de Galicia articúlase arredor de 14 ciclos e de 10 semanas de cine. Organizados pola Feciga a partir dunha temática ou estilo determinados, a carteleira de cada un dos ciclos previstos é seleccionada polos centros participantes a partir do catálogo proposto. No caso das semanas de cine, a organización corre a cargo dos propios cineclubs que, xunto coas proxeccións dos filmes, desenvolven diferentes actividades paralelas como debates, obradoiros e exposicións.

Os cineclubs incluídos inicialmente no programa de ciclos son os de Bueu, Cangas de Morrazo, Poleiro de Goián (Tomiño), A Illa de Arousa, Valle Inclán de Lugo, Liceo de Noia, Groucho Marx do Barco de Valdeorras, O Carballiño, Padre Feijoo de Ourense, Pontevedra, A Lanterna de Viana do Bolo, Lumière de Vigo, Adega de Vilagarcía de Arousa e Pensamento e Sementeira de Viveiro. Pola súa banda, as semanas de cine terán lugar nos devanditos cineclubs de Cangas, Lugo, O Barco, O Carballiño, Ourense, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, ademais de nos Papeiros de Chantada e na Calexa de Monforte de Lemos.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información