Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Academia enriquece os seus fondos de Cabanillas co manuscrito da peza teatral A man de Santiña

Unha dramaturxia capaz de atraer a clase media urbana e que contribuíse así á normalización do idioma, demostrando a súa validez para todos os rexistros, artísticos e temáticos, e para toda a sociedade, incluídas as clases máis acomodadas. Noventa e oito anos despois, a Real Academia Galega acaba de enriquecer o seu Arquivo coa adquisición do manuscrito deste título senlleiro da literatura galega contemporánea, unha nova xoia que se suma a outros dous textos dactilográficos de gran valor do mesmo autor: A Virxe do Cristal. Lenda de Curros Enríquez axeitada para ópera e O Mariscal.

Ramón Cabanillas asinou o texto autógrafo d'A man de Santiña o 7 de decembro 1918, só catro meses e medio antes da súa estrea na Coruña. Foi o propio Antón Villar Ponte, principal promotor do Conservatorio Nacional de Arte Galega, quen, na procura dun teatro culto que deixase atrás a tradición rexionalista, lle encargou a peza para o debut da compañía ao escritor cambadés, naquel tempo xa unha figura consagrada das letras galegas. O resultado foi "unha delicada comedia de amor" que se desenvolvía nun pazo e que "rompía coa tradición ruralista e presentaba en escena a persoas das clases sociais máis altas falando galego", resume a profesora Laura Tato Fontaíña na presentación do volume O teatro nas Irmandades da Fala, publicado en 2016 pola Real Academia Galega, nunha edición ao seu coidado, co gallo do centenario das Irmandades. "Era, por tanto, a primeira comedia contemporánea de costumes señoriais".

Ao abeiro de Enrique Peinador

O manuscrito d'A man de Santiña consta de 49 follas numeradas en encadernación holandesa en cartoné e tea. Escrito en tinta e con anotacións e correccións a lapis, presenta un superlibris no lombo coa lenda E. P. L, as iniciais de Enrique Peinador Lines. Esta procedencia, a de Peinador, é común a outros manuscritos do mesmo autor e demostra a estreita relación que mantiña co empresario e filántropo. De feito, a obra foi publicada por primeira vez, en 1921, na imprenta do balneario de Mondariz, onde Peinador ofreceu abeiro a Cabanillas e outros intelectuais galeguistas. Este foi tamén o escenario onde se desenvolveu, o 31 de agosto de 1920, a cerimonia de ingreso do escritor na Real Academia Galega.

Con esta nova adquisición, ademais de evitar que o manuscrito puidese acabar fóra de Galicia, a RAG arrequece os fondos que custodia dunha figura capital das letras galegas do século XX. Entre eles, xa contaba con outras dúas pezas dramatúrxicas: A Virxe do Cristal. Lenda de Curros Enríquez axeitada para ópera, a primeira ópera literaria galega, na que Cabanillas versiona para este xénero musical o poema narrativo do escritor do Rexurdimento e volve teimar na procura de novos espazos de expresión artística para o galego; e O Mariscal, obra asinada xunto a Antón Villar Ponte e centrada na historia de Pardo de Cela que ilustra tamén o empeño das Irmandades da Fala en facer do teatro un vehículo de propagación de símbolos colectivos ao servizo do seu ideario sociopolítico.
Real Academia Galega (RAG)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información