Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Quince editoras representan a Galicia na Feira Internacional do Libro Liber

O sector editorial galego participa na Feira Internacional do Libro LIBER, un encontro profesional de referencia en toda Europa, que este ano se celebra en Madrid. A Secretaría Xeral de Cultura, en coordinación coa Asociación Galega de Editoras (AGE) poñen ao dispor dos profesionais galegos un stand no que exhibir as últimas novidades para o público, así como no que realizar reunións comerciais que favorezan a internacionalización do sector a través de novas oportunidades de negocio con axentes procedentes de diversos países do mundo.

A cita, consolidada como primeira mostra dedicada ao libro en lingua española en Europa e como principal centro de negocio e intercambio profesional, está aberta a todos os sectores do libro, con especial atención aos contidos dixitais, ás novas editoras, á autoedición e á propiedade intelectual.

O apoio institucional da Xunta verase reforzado mañá mércores, día no que se inaugura a mostra, pola presenza do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo no stand galego.

A ultima vez que o sector galego estivo en LIBER con stand propio foi no ano 2011. Para a súa volta ao certame que este ano se celebra en Madrid, un total de 15 editoriais da comunidade galega contarán cun espazo de 36 m2 para promocionar e difundir as creacións literarias galegas.

Feira profesional

Confirmaron a súa presenza 11 editoriais, Edicións do Cumio, Kalandraka Editora, Editorial Galaxia, Hércules de Ediciones, Edicións Laiovento, Baía, Nova Galicia Edicións, KNS Edicións, Alvarellos Editora, Edicións Bolanda e Editorial Colex, das que Kalandraka, Nova Galicia e Edicións do Cumio/Arnoia Distribución teñen, ademais, espazos propios na feira. No stand de Galicia exhíbense obras destas editoriais e tamén de Edicións Xerais de Galicia, MC Sports, Bululú e Catro Ventos, xunto con materiais divulgativos sobre o sector editorial galego.

LIBER é unha feira con carácter profesional que promove a Federación de Gremios de Editores de España e organízase alternando a sede, unha convocatoria en Madrid e outra en Barcelona. Este ano LIBER ten lugar en Madrid, organizada polo IFEMA, con Arxentina como país convidado e celebrando o seu 35 aniversario.

Premio ao Fomento da Lectura

No marco das actividades paralelas a LIBER farase entrega dos premios homónimos, concedidos pola Federación de Gremios de Editores de España. Na categoría de Fomento da Lectura en bibliotecas abertas ao público o premio foi para o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do concello de Oleiros. O xurado destacou a “intensa dedicación” da institución, “chea de actividades nunha área de poboación dispersa”, ademais de destacar os máis de 400 postos de lectura postos a disposición do público e uns fondos bibliográficos “moi salientables”.

Novas oportunidades de negocio no exterior

Para favorecer a internacionalización do sector editorial de Galicia, a Consellería de Cultura e Educación tamén apoiará este ano a participación do libro galego nas feiras internacionais de Frankfurt (do 11 ao 15 de outubro) e de Guadalaxara (México, do 25 de novembro ao 3 de decembro), ademais de ter estado presente xa, con grande éxito, en Buenos Aires (do 25 de abril ao 15 de maio).
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información