Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Maimiño proxéctase en Vedra no marco do Programa de dinamización Redecinema

‘Maimiño e o espello máxico’ proxectarase o mércores, 6 de setembro, pola noite no concello coruñés de Vedra (no campo da feira, ás 22:00 horas, ou, no caso de choiva, no Centro Sociocultural), no marco do programa de dinamización lingüística ‘Redecinema’ que concluirá o vindeiro día 22 de setembro no Pereiro de Aguiar (Ourense) o seu paso por 17 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia. A segunda edición desta iniciativa posta en marcha desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria -a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura e da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)- incluíu outros dous títulos de (co)produción galega e en galego: ‘A praia dos afogados’ e ‘9 ondas’.

Primeiro filme galego-cubano de animación

‘Maimiño e o espello máxico’ é a peza infantil que integra a carteleira de ‘Redecinema’. Trátase do primeiro filme galego-cubano de animación, un proxecto realizado por Ficción Producións coa colaboración do ICAIC (Instituto Cubano da Arte e Industria Cinematográficos), que adapta o conto infantil Polgariño da man de José Martí, e o apoio da Agadic.

A fita conta a historia dun pequeno labrego que quere sacar a súa familia da pobreza. Unha praga de insectos que estragan a colleita do campo no que vive e mais o encontro co espello máxico da media laranxa don os sucesos que o levarán á aventura. Será o espello quen lle revele quen é a muller dos seus soños e o anime a marchar á cidade canda os seus irmáns, Pablo e Pedro.

Proxeccións en 17 concellos durante o verán

‘Redecinema’ é un programa de dinamización lingüística que desenvolve os obxectivos do Plan xeral de normalización da lingua galega centrados na promoción da creatividade con base en galego e no aumento da oferta de produtos de cultura e de ocio no idioma propio de Galicia. Chegou, durante o verán, aos concellos de Abegondo, Boimorto, Boiro, Noia e Vedra, na provincia da Coruña; Foz, Mondoñedo e Taboada, en Lugo; Celanova, O Carballiño e O Pereiro de Aguiar, en Ourense e mais A Cañiza, Marín, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo e Soutomaior, en Pontevedra. O calendario de proxeccións está dispoñible no Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal/redecinema) e mais na Axenda de Cultura de Galicia.
A iniciativa persegue promover o uso do galego nas actividades lúdicas e de lecer; visibilizar a acción dinamizadora en lugares abertos e públicos; potenciar creadores e dinamizadores galegos e favorecer a incorporación da nosa lingua á programación das actividades para o verán realizadas polos concellos, ademais de apoiar e promover a industria cultural, nomeadamente a audiovisual galega e en galego.

Rede de Dinamización Lingüística

Os destinatarios do programa ‘Redecinema’ son os concellos pertencentes á RDL, un proxecto compartido entre a Administración autonómica e local, no que tamén participan outras entidades que redundan na promoción do uso social do idioma propio de Galicia, co que se busca impulsar e reforzar as iniciativas de difusión do galego desde o ámbito local. Os seus principais obxectivos son os de promover a cooperación e a coordinación das actuacións en materia de dinamización lingüística e optimizar os recursos dispoñibles para levala adiante.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información