Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Compostela e USC editan o ensaio de María Reimóndez en diálogo con Erín Moure gañador do I Premio Xohana Torres

Trátase da publicación gañadora do I Premio Xohana Torres, "que recuperamos o ano pasado grazas a un convenio coa USC e que levaba sen convocarse dende 2012 despois de 20 edicións seguidas" segundo lembrou Marta Lois. A recuperación deste premio foi alabada tanto polo director de publicacións da USC como pola vicerreitora de Estudantes que o definiu como "un premio que incentiva o estudo feminista a través da memoria das mulleres compostelás".

Este ensaio é quen de facer algo "extraordinario" segundo o definiu Juan Blanco, como é o de "unir tres mulleres como Rosalía de Castro, María Reimóndez e Erín Moure, tres poetas, tradutoras e feministas". Precisamente este ensaio ten como obxectivo "visibilizar o labor das tradutoras, partindo dun marco teórico e colocando a tradución como algo que nos afecta no día a día e a través da cal se poden crear historias e realizar un traballo político de reivindicación feminista importante", tal e como indicou a autora, María Reimóndez.

Como lembrou Reimóndez, é ademais "pouco habitual estar na presentación dun traballo ao lado do propio obxecto de investigación como é Erín Moure", poeta coa que leva 20 anos de discusión sobre a literatura e que, en palabras da propia Moure "foi a miña primeira profesora de galego".

Erín Moure

Erín Moure é canadiense aínda que ten ascendencia galega e sempre defendeu o uso da nosa lingua. Ademais é unha destacada tradutora de Lupe Gómez, Chus Pato ou Rosalía de Castro, de aí o diálogo e o protagonismo no ensaio de María Reimóndez. Erín Moure foi investida ademais doutora honoris causa pola Universidade de Vigo grazas á súa innovadora e premiada produción poética, multilingüe e comprometida; pola súa labor como mediadora incansable entre culturas mediante reescritura e tradución; polo seu activismo en favor das minorías lingüísticas, étnicas, sexuais e moi especialmente pola súa contribución á internacionalización da cultura galega e a preservación do seu patrimonio.

Na rolda estiveron a vicerreitora de Estudantes da USC, Dolores Álvarez; o director de publicacións da Universidade, Juan Blanco; a autora da obra, María Reimóndez e a poeta canadiense Erín Moure.
Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información