'Os mundos de Carlos Casares', até o 21 de maio na sala Valente: máis de 500 pezas do autor para coñecer a súa figura humana e literaria

Ano de Casares. A elección de Ourense como primeira parada foi, para todos os asistentes, un acerto, xa que non se podería entender a figura do escritor sen a súa implicación na sociedade local. De feito, o 16 de maio haberá actos institucionais de homenaxe ao escritor e terá lugar, ademais, o Concerto das Letras, o 16 de maio da man da Real Filharmonía de Galicia, no que se interpretarán obras sobre textos de autores galegos coa estrea de Formiga, de Rubén Vizcaíno, precisamente a partir dun texto do libro A galiña azul de Casares -exemplar que tamén se poderá ver na exposición-.
O Concello de Ourense leva ademais, desde o mes de marzo, realizando visitas periódicas a escolares e a todo o mundo que así o solicite do Roteiro Casares, con parada nos escenarios emblemáticos da súa traxectoria.
Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense