Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Culturas presenta o ciclo de primavera de Poetas Di(n)versos na Coruña

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participou no Pazo de María Pita na presentación das sesións de abril, maio e xuño do ciclo de recitais Poetas Di(n)versos, a cita mensual coa poesía, aberta á cidadanía, que acolle o Centro Ágora desde hai oito anos. O edil destacou a "necesaria aposta" do Goberno local polo sector da literatura e dunha iniciativa "na que participan non só representantes da lírica de Galicia, senón tamén de todo mundo, e que nesta nova tempada achegará voces de Islandia, Irlanda ou México". Neste sentido, a directora do ciclo, Yolanda Castaño, quen acompañou ao concelleiro na presentación, sinalou que neste trimestre Poetas Di(n)versos "mantén o seu compromiso polas propostas de calidade e de sólida vocación, abrindo os ouvidos a todo o que se escribe no panorama internacional mentres poñemos en valor a produción poética feita en Galicia", e ofrecerá ao público coruñés "grandes voces consagradas, pero tamén as últimas revelacións".

As sesións de primavera comezarán o próximo luns, 10 de abril, cunha proposta na que Islandia será o eixe central, coa asistencia dos poetas Sjón e Elías Portela, ambos residentes no país nórdico. O primeiro deles, considerado unha das plumas máis brillantes de Islandia, "e un dos poucos poetas candidatos as Premios Óscar", explicou Castaño, é tamén autor de parte das letras da cantante Bjork. Pola súa banda, o cangués Portela, cuxo alter-ego islandés é Elías Knorr, "está considerado un dos poetas máis representativos da lírica actual do país boreal", afirmou a directora do ciclo, quen explicou que Portela é tamén o responsable da tradución ao castelán e ao galego da obra de Sjón.

Xa no mes de maio, o día 8, Irlanda, e en concreto a cidade de Cork, será o fío que unirá ás dúas voces que asistan á cita lírica: Eiléan Ní Chuilleanáin, considerada "unha das máis importantes poetas contemporáneas do seu país", aseverou Castaño, e o poeta de Noia Martín Veiga, director do Centro Irlandés de Estudos Galegos na Universidade de Cor e gañador dos premios Fiz Vergara Vilariño ou Esquío. Finalmente, no mes de xuño, "dúas revelacións da poesía de Galicia e México", aseverou Castaño, "como son Antón Blanco e Gerardo Grande", formarán a parella de autores convidados no último dobre recital da tempada. "Mocidade, agudeza e moita paixón definen dúas obras poéticas que veñen pisando forte", sinalou. Todas as citas de Poetas Di(n)versos, de entrada libre e gratuíta, serán ás 20.30 horas no auditorio do espazo municipal e, como vén sendo habitual, en cada sesión poderán adquirirse exemplares dos libros das e dos poetas participantes.

Museos Científicos

Antes preguntas dos medios de comunicación sobre o servizo de atención ao público dos Museos Científicos Coruñeses, José Manuel Sande detallou os compromisos adquiridos tanto polo Goberno local como pola empresa adxudicataria que xestiona o servizo, que manterá a continuidade do mesmo unha vez remate o contrato público que o rexe --o vindeiro día 14-- e durante o tempo que sexa necesario para a preparación, adxudicación e formalización dun contrato "ponte", de próxima licitación, así como a estabilidade do emprego do cadro de persoal adscrito ao mesmo, mantendo as súas condicións actuais, e a retirada do Expediente de Regulación Temporal de Emprego. "Este acordo, que se levará mañá a Xunta de Goberno local, permitirá tanto a retirada do ERTE como desconvocar a folga anunciada para esta fin de semana e os dos días finais do contrato, os días 13 e 14 de abril", sinalou Sande.

O executivo comprometerase tamén a iniciar o expediente de contratación do contrato transitorio, o que supón o comezo dunha nova licitación, e, ao tempo, á posta en marcha dos traballos preparatorios para a licitación, mediante procedemento aberto, do futuro contrato de atención ao público, "entendendo que, neste contrato histórico, hai elementos susceptibles de perfeccionamento e mellora", especificou o concelleiro, coa finalidade de formalizar o mesmo "no prazo máis breve posible, de acordo con todos os actores implicados no proceso, e de maneira que se poida convocar neste 2017".
Gabinete de Comunicación do Concello de A Coruña

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información