A actriz e dramaturga Imma António lerá o Manifesto Galego do Teatro na gala dos XXI Premios María Casares
A dramaturga e actriz Imma António será a encargada de redactar e ler o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro durante a gala dos XXI premios de Teatro María Casares. Deste xeito, Imma António subirá o mércores 29 de marzo ao escenario do Teatro Rosalía Castro para ler o seu texto, tal e como en edicións anteriores fixeron os xornalistas Camilo Franco e Montse Dopico, o historiador Ramón Villares -presidente do Consello da Cultura Galega-, a escritora María Xosé Queizán, o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín -ex presidente da Real Academia Galega- ou o poeta Cesáreo Sánchez -presidente da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG)-. A Xunta Directiva da AAAG decidiu encargarlle o texto a Imma António por ser unha intérprete de longo percorrido e unha das primeiras mulleres que en Galicia se centrou na escrita dramática, sendo así unha auténtica pioneira no sector.
No Manifesto titulado Quen hai aí?, Imma António asegura que “o teatro profía en saber quen hai nas entrañas da nosa humanidade, quen hai en nós mesmas na nosa soidade, quen hai na outredade que atopamos na sociedade da que formamos parte”. Nesa mesma liña, António insiste en que dende o teatro “examinamos con minucia o ser que somos, non só para coñecer a verdade que o fai, tamén para transformalo”. “Esa é a responsabilidade que asumimos cada vez que subimos a un escenario, sabendo que é un exercicio implacable pero necesario”, explica António, antes de concluír que “o teatro e a cultura” son polo tanto “dereitos humanos basicos que cómpre defender”.
O Manifesto será lido o próximo 29 de marzo durante a gala duns XXI Premios María Casares nos que un total de 13 espectáculos compiten nas 14 categorías. O Tolleito de Inishmaan, de Contraproducións e FIOT Carballo, aspira a 11 galardóns; Eroski Paraíso, de Chévere, opta a 8 premios; mentres que Raclette, de Ibuprofeno Teatro, e Voaxa e Carmín, de ButacaZero e Eme2, compiten por cinco premios. A gala será presentada e dirixida por Pepo Suevo e nela, entregaráselle o Premio de Honra Marisa Soto a Eduardo Alonso.
Os premios do teatro contan coa colaboración de diversas institucións e entidades que, co seu apoio, demostran a relevancia cultural e social da escena no noso país. A Consellería de Cultura e Educación, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, a Fundación AISGE, a Fundación SGAE, o Padroado de Cultura do Concello de Narón ou Gadis son algúns dos patrocinadores dos Premios, que este ano será emitida en directo por streaming a través da web da TVG e en diferido pola TVG.
Perfil de Imma António
Imma António (A Coruña, 1968) é actriz e dramaturga. Ao longo da súa carreira profesional, desenvolveu as súas facetas artísticas tanto na escena coma no cine, a televisión ou a dobraxe. Ademais, tamén exerceu como responsable de vestiario e de escenografía de diversas montaxes teatrais. Como actriz, ten participado en producións de formacións como Compañía Luís Seoane, Teatro do Noroeste, o Centro Dramático Galego ou Producións Librescena.
Como autora teatral, Imma António recibiu o Premio Retrincos en 1983, o premio Galo Salinas no 1985, o Premio de Teatro breve da Escola Dramática Galega en 1987 por Como cartas a un amante, o Premio de Teatro Breve da Escola Dramática Galega no 1989 por As áugas mudas, o Premio Arlequín no 1990 por Era nova e sabía a malvaísco e o Premio Rafael Dieste en 2003 por A ciencia dos Anxos. Outros dos seus textos publicados son Morde-me! (1996), Os cárceres do esquenzo (2004) ou Aforro ordinario (2006).
Como actriz teatral ten participado en montaxes como Tagen Ata (Teatro do Noroeste, 1990), Galileo Galilei (Teatro do Noroeste, 1993), Un soño de verán (CDG, 1992), As vodas de Fígaro (Teatro do Noroeste, 1994), Valle Inclán’98 (Centro Dramático Galego, 1998), Otelo (Producións Librescena,2000), A Morte e a Doncela (Producións Librescena, 2001), O Club da Calceta (Teatro do Morcego, 2008) ou Estado de Graza (Teatro do Noroeste, 2017).
MANIFESTO GALEGO DO TEATRO 2017:
Quen hai aí?
Quen hai aí? Eis a pregunta primixenia coa que chegamos ao mundo. Quen hai aí? É a pregunta que cada función de teatro lanza ao mundo ao que chega. Un mundo como este noso, onde existen mares que son o osario da nosa indignidade; infancias segadas sen apenas ter vivido; mulleres asasinadas polo simples feito de seren; fame; guerra; inxustiza; vidas que valen máis ca outras; vidas que nada valen; vidas que nin vida son…
Quen hai aí? –preguntamos– coma nunha película de terror de serie B, sabendo que, a seguir, algo horrible pasará. Porque, claro, nas películas de terror de serie B á pregunta de “¿quen hai aí?” só contesta o asasino… Tamén nos noticiarios.
Arrepía preguntar, si. Mais seguimos preguntando: quen hai aí? O teatro porfía en saber quen hai nas entrañas da nosa humanidade, quen hai en nós mesmas na nosa soidade, quen hai na outredade que atopamos na sociedade da que formamos parte. Desde o teatro examinamos con minucia o ser que somos, non só para coñecer a verdade que o fai… tamén para transformalo. Esa é a responsabilidade que asumimos cada vez que subimos a un escenario, cada vez que actuamos, sabendo que pode ser un exercicio implacable pero necesario. Necesario para nós, claro… estas xentes entregadas a este oficio que se chama teatro. Ás veces tan desoladas de facer a pregunta de “quen hai aí?” porque con frecuencia nos dá máis dor que alegría. Outras, tan plenas na nosa humanidade porque conseguimos vivir o “Instante”, esa diminuta fracción de aquí e agora na que participamos da comuñón con esa outra eu, case enxergando a resposta da eterna pregunta. Ás veces impotentes, frustradas, cabreadas de lanzar a preguntiña en despachos oficiais porque aí case sempre coñecemos a resposta que imos atopar… ¡e é tan “cansativo”!
Pero porfiamos. Resistimos. Construímos sobre ruínas. Inventamos outros mundos, posibles e imposibles. Saltamos ao baleiro cun ancho sorriso. Resistimos. Porfiamos. Quen hai aí?: é o noso berro de batalla. A nosa declaración de amor máis sentida e murmurada: quen hai aí? Quen?
E xa son milleiros de anos repetindo a pregunta porque facela é necesario. Cada día, ao longo deses milleiros de anos. Necesario. Nós, as xentes do teatro, só mantemos acesa esa chama necesaria. Outras xentes foron as que a mantiveron para nós e son outras as que a manterán cando nós nin recordo sexamos. É a nosa responsabilidade. Asumámola con humildade e amor, con agradecemento de sabérmonos parte de algo tan necesario. Porque podería chegar o día no que ninguén pregunte “quen hai aí?”, podería chegar o día no que esa chama se extinga. E nese día que podería chegar, a humanidade que hai en nós tamén se extinguiría.
E é por iso que o teatro, a cultura, é un dereito humano básico que cómpre defender. Para iso declaramos os dereitos humanos: para garantir a existencia de cada ser humano. Tan simple, tan fundamental e tan necesario: garantir o dereito a vivir co que cada persoa nace. Tan simple, tan fundamental e tan necesario como é saber que o teatro garante a existencia da humanidade que habita en cada ser humano.
Miñas queridas xentes do teatro: resistamos, porfiemos, asumamos a nosa responsabilidade con alegría e amor e sempre, sempre, con esperanza. Preguntemos “quen hai aí?” un día máis e outro e outro máis aínda… Porque nesa pregunta que o teatro propón habita a nosa humanidade.

Alberto Ramos (Comunicación Premios María Casares)