Presentan a primeira biografía de Carlos Casares que amosa ao escritor como un gran conversador
Nota publicada por CRTVG:
'Carlos Casares, un contador de historias' é o título da primeira biografía do escritor Carlos Casares en que o relato da súa vida se relaciona coa súa obra. O autor é Henrique Monteagudo, profesor da Universidade de Santiago e secretario da Real Academia Galega.
Esta biografía de Casares está publicada pola Editorial Galaxia, da que foi director o escritor nado en Xinzo de Limia e ao que este ano está dedicado o Día das Letras Legras. 'Carlos Casares, contador de historias', presentouse esta mañá en Compostela e o seu autor salientou que o libro axudará a entender, a quen o lea, o escritor, a súa obra, a cultura e a sociedade galega do tempo de Casares.
Preséntase o martes, 21 de marzo, ás 19:45h. na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela.
Fotografía: Editorial Galaxia.

CRTVG/Editorial Galaxia