Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Cultura e “Dos Acordes” recuperan o repertorio para piano do histórico compositor Juan Montes

A Consellería de Cultura e Educación e a editorial Dos Acordes presentan o primeiro volume das obras para piano do compositor Juan Montes Capón (1840-1899), considerado un dos máximos expoñentes do Rexurdimento musical galego. A publicación recolle a música pianística do recoñecido autor lucense, nunha edición crítica a cargo de Joám Trillo que inclúe un estudo introdutorio realizado polo profesor da Universidade de Santiago de Compostela Carlos Villanueva.

“Con esta nova obra –coeditada por Dos Acordes e pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) na colección Ars Gallaeciae Musicae– recuperamos unha parte do noso patrimonio referente a unha época, finais do século XIX, que podemos considerar de rexurdir musical da cultura galega”. Así o asegurou esta mañá o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, durante a rolda de prensa de presentación do volume, que tivo lugar no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

Ese mesmo escenario acolle o xoves 15 de decembro, ás 20:00 horas, unha charla-concerto sobre o libro, de acceso gratuíto e de entrada libre, que contará cunha contextualización a cargo dos profesores Villanueva e Trillo, e que rematará cun pequeno recital a cargo do pianista Javier Otero. Ao día seguinte, e á mesma hora, realizarase unha segunda charla-concerto na Casa do Saber, en Lugo, cidade natal “dun compositor do que temos aínda moita obra por recuperar e moitos aspectos biográficos por estudar”, recordou Anxo Lorenzo.

Recuperación e difusión da obra de Montes

“Para a Xunta de Galicia –concluíu o secretario xeral– é unha honra contribuír á difusión social destas partituras, que esperamos que se integren cada vez máis nos repertorios clásicos de Galicia e de calquera parte do mundo; porque cando a música ten interese, non ten fronteiras, e é a nosa obriga contribuír a que se coñeza, para que poida ser valorada, apreciada e tocada, que é o máximo recoñecemento que pode ter a creatividade musical”.

O profesor Joám Trillo foi o encargado de explicar na rolda de prensa o labor de acceso ás partituras –procedentes de arquivos da área de Lugo–, así como o seu traballo de revisión e edición, mentres que Carlos Villanueva, un dos maiores especialistas no patrimonio musical galego, ofreceu a súa visión sobre a figura de Montes. A intervención de Javier Jurado, director de Dos Acordes e coordinador editorial do volume, completou a presentación, que rematou cunha interpretación ao piano dunha das mazurcas de Juan Montes a cargo de Javier Otero.

Un referente do Rexurdimento musical galego

Juan Montes Capón (1840-1899) é, xunto con Marcial del Adalid e Pascual Veiga, un dos máximos expoñentes do Rexurdimento musical galego. A súa obra, máis popularizada polas súas baladas a partir de poemas galegos (como ‘Negra Sombra’, ‘Doce sono’ ou ‘As lixeiras anduriñas’), inclúe un importante volume de composicións relixiosas, corais, orquestrais e pianísticas aínda escasamente coñecidas mesmo entre o público galego.

Con este volume –o número 30 da serie Agra Vella dentro da colección Ars Gallaeciae Musicae, promovida por Dos Acordes e pola Agadic, na que viron a luz obras de Gaos, de Gustavo Freire, de Manuel Quiroga, e do mestre de capela compostelán José Vaquedano, entre outros– a Xunta de Galicia pretende contribuír á difusión da obra para piano e harmonio deste compositor lugués, maioritariamente aires bailables característicos do seu tempo, co obxectivo de facilitar a súa incorporación aos repertorios dos intérpretes actuais e de promover un maior coñecemento do patrimonio histórico musical de Galicia.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información