Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

El ciudadano ilustre inaugura oficialmente a 30ª edición de Cineuropa na capital galega

A trixésima edición de Cineuropa dá comezo o martes 8 de novembro ás 16:00 horas con catro sesións de cine gratuíto no CGAC. Seguidamente, ás 19:00 horas. estrearase o Cinema Numax como sede do festival coa proxección de Los ausentes, a suxestiva ópera prima da cineasta arxentina Luciana Piantanida. O Teatro Principal acollerá, ás 20:30 horas, a inauguración oficial do festival coa proxección de El ciudadano ilustre, de Gastón Duprat e Mariano Cohn,. A presentación correrá a cargo de Martiño Noriega, alcalde de Santiago, e José Luis Losa, director de Cineuropa.

El ciudadano ilustre, dirixida por Gastón Duprat e Mariano Cohn, narra en clave satírica o retorno dun escritor arxentino, gañador do Nobel, á súa vila natal 40 anos despois de emigrar a Europa. O que se prevé como unha viaxe de pracer devén nunha tensa situación. A película foi merecedora da Espiga de Prata e do Premio ao Mellor Guión na Seminci de Valladolid; e da Copa Volpi no Festival de Venecia, pola impecable interpretación de Óscar Martínez.

Deste xeito comezará Cineuropa, vinte días de cine repartido en seis salas da cidade (Teatro Principal, Salón Teatro, Cinema Numax, CGAC, Sede Afundación e Auditorio de Galicia), nos que se proxectarán máis de 200 filmes. O certame completarase con obradoiros, homenaxes, concertos e encontros con cineastas, actores e guionistas. Pódese consultar o programa completo no sitio web cineuropa.gal.
Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información