Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Biblioteca Pública de Lugo acolle a mostra 'Manuel María. Beleza, amor e compromiso'

A Biblioteca Pública de Lugo acolle ata o 31 de outubro a mostra itinerante ‘Manuel María (1929-2004). Beleza, amor e compromiso’, no marco da programación conmemorativa das Letras Galegas 2016. A vida e a obra do poeta de Outeiro de Rei chega á cidade da muralla con este proxecto expositivo promovido pola Consellería de Cultura e Educación –a través das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística– e mais pola Casa-Museo Manuel María, que desde o pasado mes de maio está a percorrer as catro provincias galegas co fin de lle achegar á cidadanía a figura do escritor.

Dun xeito ameno e gráfico, a exposición aborda a personalidade do autor e a evolución da súa obra ao longo das distintas etapas vitais. Faino a través de 10 paneis –elaborados a partir do material achegado pola propia Fundación Manuel María de Estudos Galegos–, que se complementan cun folleto informativo sobre a figura, a vida e a obra do escritor.

A identificación do poeta coa terra e a paisaxe, o seu compromiso coa lingua galega, a súa faceta de clásico e precursor da vizosa literatura infantil galega da que hoxe gozamos, a súa participación na vida política, a súa poesía intimista ou a variedade de xéneros literarios son algúns dos aspectos nos que afonda a mostra.
Próxima parada, Ferrol

Logo do seu paso polos municipios da Coruña, de Outeiro de Rei, de Vilalba, de Santiago de Compostela, de Marín, de Noia, de Pontevedra, de Vigo e de Monforte de Lemos, a mostra proseguirá o percorrido pola Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, concretamente na Biblioteca Pública de Ferrol, onde se poderá visitar do 3 ao 15 de novembro. A última parada será no Ateneo de Ourense, do 17 ao 30 de novembro.

Máis información, datas da itinerancia e materiais na Axenda de Cultura de Galicia, en www.cultura.gal/axenda, e no Portal da Lingua Galega, no enlace web http://www.lingua.gal/recursos/todos?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2016/contido_0556.html.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información