Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Galicia conmemora o centenario da viaxe de Lorca cun concerto no Salón Teatro

Coincidindo co centenario da primeira viaxe de Federico García Lorca a Galicia, Santiago de Compostela acolle, o 27 de outubro, un espectáculo singular para afondar na figura do escritor e na súa vinculación con esta terra, que terá lugar ás 20:30 horas no Salón Teatro.

Música, palabra e pensamento centrarán un concerto especial no que o guitarrista Samuel Diz presentará o seu traballo discográfico ‘Impresiones y paisajes, como el primer libro de Lorca’, en diálogo cun dos maiores coñecedores da vida e da obra do poeta, o hispanista Ian Gibson. O músico galego e o historiador irlandés compartirán o próximo 27 de outubro o escenario do Salón Teatro, lugar onde tivo lugar esta mañá a presentación do concerto, nunha rolda de prensa que contou coa participación do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; da directora do Centro Dramático Galego, Fefa Noia; e do propio Samuel Diz.

A figura do poeta a través de Ian Gibson

Samuel Diz propón “un camiño musical que nos permite afondar na vinculación do poeta coa nosa terra e de introducirnos na personalidade creativa do autor nun plano moito menos coñecido: a súa relación coa música e co universo musical da Xeración do 27”, afirmou Anxo Lorenzo.

O xermolo deste espectáculo conmemorativo atópase nas impresións que Lorca anotou no seu caderno durante o seu periplo formativo en Galicia –nunha viaxe organizada polo seu profesor Martín Domínguez Berrueta para que os seus alumnos coñecesen o patrimonio do norte de España– e que despois se publicaron no que foi o primeiro libro do poeta, ‘Impresiones y paisajes’, título que lle dá nome ao traballo discográfico que se presentará no concerto conmemorativo.

Lorca e Gailcia, unha vinculación “afectiva e creativa”

Esa viaxe de estudos en 1916 foi para Lorca unha descuberta inicial da paisaxe de Galicia, da obra de Rosalía de Castro etc., á que despois seguiría a construción dunha fonda amizade con escritores e intelectuais galegos como Blanco Amor, Dieste, Guerra da Cal, e músicos como Bal y Gay. “Esta vinculación –dixo Anxo Lorenzo–, que adquiriu unha dimensión afectiva e creativa, deu mesmo como resultado esa incursión do escritor na lingua galega para a construción deses ‘Seis poemas galegos’; un feito insólito, cargado de simbolismo, xa que Lorca non escribiu en ningunha outra lingua”.

“Desde a Consellería de Cultura e Educación, e co espazo do Salón Teatro como marco máis axeitado, no corazón mesmo da Compostela vella que Lorca admiraba, parécenos moi interesante podermos afondar na obra e na personalidade de Lorca desde a súa relación con Galicia e desde un formato distinto: un evento divulgativo e artístico, que desexamos que esperte o interese do público”, concluíu.

Samuel Diz propón para este concerto conmemorativo da primeira viaxe de Lorca a Galicia unha escolma de pezas do seu novo traballo discográfico, no que recupera a música dalgúns dos principais protagonistas da Xeración do 27.

No espectáculo, que será de entrada gratuíta ata completar a capacidade, o guitarrista de Tui tamén se acompañará da voz da compostelá asentada en Madrid Carolina Alba, locutora de Radio 3, que será a encargada de declamar unha escolma de textos xornalísticos e de fragmentos da obra lorquiana.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información