Mundo Líquido exhibe na Igrexa da Universidade imaxes sólidas que recrean unha modernidade líquida
Para Bauman a sociedade actual caracterízase por un estado fluído e volátil, sen valores sólidos, no que a incerteza pola vertixinosa rapidez dos cambios debilitou os vínculos humanos, que agora son provisionais e precarios. A idea da mostra é, xa que logo, usar ese concepto como espello do momento actual e que cada autor ou autora constrúa unha imaxe que serva para reflexionar sobre todo isto. En esencia, crear imaxes ‘sólidas’ dun mundo ‘líquido’.A mostra ‘Mundo líquido’ inaugurarase na Igrexa da Universidade nun acto no que participan a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez, o responsable do Espazo de Fotografía da USC e de Fotoforum Compostela, Fuco Reyes, e todos os fotógrafos e fotógrafos participantes.
Consumismo, exceso de información como fonte da ignorancia, vínculos afectivos cada vez máis fútiles, soidade e vellez como conceptos denostados ou a creación como obxecto de consumo inmediato. Todos estas ideas que reflicten a modernidade da que fala Bauman subxacen na mostra ‘ Mundo líquido’ que se poderá visitar ata o 15 de xullo de luns a venres de 18.00 a 21.00 e os sábados de 11.00 a 14.00 horas.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)


