Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A “Casa das Rodas”, “berce do futuro “Museo da Roda de Afiar” previsto para 2017

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou a “Casa das Rodas”, en Arboiro, San Xoán de Río, onde o escultor Florencio de Arboiro ten recollidas singulares pezas da etnografía e dos oficios populares de Galicia, e sinaladamente a colección máis importante sobre rodas de afiar. No seu percorrido, Baltar estivo acompañado, ademais de Florencio de Arboiro, polo historiador Jesús de Juana.

O presidente do goberno provincial destacou trala visita que Florencio de Arboiro “mantén viva a identidade ourensá” e confirmou que a Casa das Rodas “será o berce do futuro “Museo da Roda de Afiar” que a Deputación porá en marcha en 2017, tal e como figura no Plan Ourense 15-19”.

Sobre a tradición e a importancia que os afiadores tiveron na nosa provincia, Manuel Baltar remarcou que eles “eran auténticos emprendedores, xuntando a creatividade, o traballo e o carácter emigrante que definen a alma dos ourensáns e da nosa terra”, e referíndose a Florencio de Arboiro afirmou que é un “ourensán universal”, “comprometido co noso patrimonio material e inmaterial, nesta "terra da chispa" que debe este alcume aos afiadores, auténticos embaixadores de Ourense”.

Pola súa banda, Jesús de Juana puxo en valor tamén “o traballo de investigación e recuperación de toda esta achega etnográfica e histórica por parte de Florencio de Arboiro ao longo da súa vida”.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información